Gobernar, goberna calquera
							Editorial - miércoles, 09 de octubre de 2013
							  	O goberno actual, como calquera goberno, enfróntase a problemas importantes, case irresolubles, pero para iso temos un goberno.
	Resulta que antes de empezar a crise, o importe das pensións, máis os pagos por desemprego, máis os intereses da débeda, viñan a supoñer unha importante cifra, que estaba no corenta e cinco por cento do presuposto xeral do Estado. Pero na actualidade estes tres conceptos conseguen superar a maioría absoluta no presuposto e chegar a un sesenta por cento dos presupostos xerais, agobiando a marcha do país, afogando calquera latido económico que proceda da organización presupostaria.
	É unha difícil tarefa a do goberno, de calquera goberno, herdeiro de todos os gobernos anteriores. Gobernos que tiveron momentos de tranquilidade e bonanza, e non aplicaron as políticas restrictivas que agora hai que aplicar de xeito durísimo.
	Gobernar, goberna calquera, pero gobernar con xeito é o que necesitamos agora e sempre. Necesitamos un goberno con visión de futuro, que planifique, que resolva, que mire ao lonxe, que non faga como os anteriores que gobernaron día a día, sen mirar para o futuro, e así nos vai.
	Gobernar, goberna calquera. Agora é cando hai que demostrar como se goberna, gobernar ben, e que todos o notemos.
							
							
Editorial
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora