Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Mintireiro Verdadeiro do 2014

miércoles, 09 de octubre de 2013
Xa está na rúa “ O Mintireiro Verdadeiro” do 2014. Agasalloume con el o amigo Álvaro Basanta que, cando andaba polo centro de Lugo, escoitou berrar a un home que o vendía en plena rúa.

“O Mintireiro Verdadeiro” segue a ser o calendario “chusqueiro, escotolido, galego-castelán, profético, enxebre, noticioso artimañeiro e tamén barato” que José Regadío empezara a editar nos anos 70. O primeiro que chama a atención é que, sendo creado por un sacerdote, non se defina como relixioso; algo que si fai “O Gaiteiro de Lugo”, que en primeiro lugar é “relixioso”.

O segundo que chama a atención no “Mintireiro Verdadeiro” do 2014 é a ausencia do “Xuízo do Ano”, algo que é moi típico en todos os mentireiros e que se bota de menos dado as dificultades que parecen agardarnos o vindeiro ano. Con todo, “O Mintireiro Verdadeiro” está cheo de curiosidades, empezando por un breve texto que diserta sobre a influenza da lúa no ser humano.

A continuación temos o calendario litúrxico e as feiras e mercados de Galicia así como as zonas limítrofes de Asturias, León, Zamora e Portugal. Isto marca unha diferenza co “Gaiteiro de Lugo”,que se limita a informar sobre as feiras e mercados de Galicia.

Algo que marca a idiosincrasia dos mentireiros galegos é que case sempre traen unha relación do valor do ferrado nos concellos, mais faino sempre en metros cadrados e non como medida de masa ou volume, que tamén oscila entre os doce e os vinte quilogramos.

“O Mintireiro Verdadeiro” semella un calendario moito mais localizado, prescindindo da táboa de mareas que si ten “O Gaiteiro de Lugo” ou “O Novo Seringador” portugués. O carácter localista permítelle a “ O Mintireiro Verdadeiro” facer referencia a lugares típicos da Ulloa, é dicir, que en xaneiro vai ter “Pucho o Farelo”. Parece que a meteoroloxía do Mintireiro segue o vocabulario requintado do seu creador.

Actualmente este almanaque ten un perfil de Facebook propio onde se informa de diversas efemérides locais, defendendo ademais o rico patrimonio desta comarca.

Hoxe en día, o almanaque segue tendo o valor de condensar unha información que, dalgún xeito, segue sendo básica para o rural galego. Se ben ninguén vai crer nas súas predicións meteorolóxicas (que non se basean no meteosat, aínda que se se basearan ao mellor tamén fallaban), si nos proporcionan unha boa relación de feiras, santorais e curiosidades que como mínimo, van provocar en nós intres de ledicias e gargalladas. Polo prezo, ben paga a pena ter a man un mentireiro.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania