Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ollo coas pensións

martes, 08 de octubre de 2013
O das pensións é dos temas máis sagrados deste Estado que aínda se considera do benestar aínda que empecen a soar diversas alarmas.

Ben sabido temos todos que as pensión nos son algo que o goberno de turno regale aos xubilados, senón que é o producto de moitos anos de cotizacións, xestións máis ou menos acertadas, e política socioeconómica que garante que os traballadores, rematado o período laboral activo, poidan seguir atendendo as súas necesidades básicas co resultado obtido polo seu esforzo.

E o sistema foi vento en popa mentras a economía funcionou axeitadamente. E as pensións chegaron a ter un fondo multimillonario que respaldaba o correcto funcionamento no caso de que as recaudacións fose menores que os compromisos de pago, como neste momento.

Chegado este tempo, o goberno tirou de fondo de pensións, e nos dous últimos anos calcúlase que teña empregado arredor de vintetres mil millóns de euros para equilibrar as contas do sistema de pensións quedando nestes momentos arredor de sesenta mil millóns, co cal –se a situación non mellora- quédanlle tres anos para seguir disfrutando dese colchón económico que impide o colapso do sistema, e con el de toda a sociedade.

Calcúlase que no 2014, o 10% do total das pensións – once mil millóns de euros- sairán dese fondo de reserva, co que a previsión de posible duración dese fondo alárgase un pouco. Pero visto está que se en todos os sectores da vida económica do país se precisa unha recuperación urxente, máis no tema das pensións que para poder vivir tal e como hoxe as coñecemos precisan máis cotizantes e máis cotizacións. E para iso fan falla moitos brotes verdes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania