Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Simón

jueves, 22 de septiembre de 2005
Hai lugares que parecen chamados a ser paraísos e os homes convertímolos en lugares de sufrimento.

Indo pola autopista entre Pontevedra e Vigo, como deitadas no recanto máis idílico do mar vigués, preséntansenos diante dos asombrados ollos dúas illas das que unha -por aquelo da publicidade case milenaria- está no noso imaxinario popular como exemplo de lugar perfecto: San Simón.

Quizais o poeta medieval non quixo máis ca deixar constancia do amor pola amada, da dor de ausencia naquela illa cercada polas ondas do mar "que grandes son".

Desde entón, os galego soubemos que se algún lugar había para amar ou para curar mal de amores era a illa de San Simón, onde se podía "atender" ó amigo/á amiga, onde se podía atopar a soedade absoluta non tendo "barqueiro nin remador".

E sen embargo San Simón foi lazareto, foi prisión e foi esquecemento. Nos difíciles días da guerra civil e na ben difícil postguerra, San Simón foi penal seguro para persoas que non tiñan máis delicto ca o de pensar diferente, e na súa fermosa xeografía atoparon morte moitas delas.

Agora preténdese darlle a San Simón definitiva e apropiada función. Se foi lugar de sufrimento, sexa lugar para lembrar os que alí sufriron.

En principio, magnífica idea a da Conselleira de Cultura que pretende que en San Simón se ubique un centro de interpretación, de lembranza, de homenaxe dos anos escuros de Galicia, da "Longa noite de pedra" de xeito que, quedando apreixada a súa memoria dentro do circundo da illa, permita que tódolos galegos poidamos irnos liberando da traxedia colectiva que vivimos e da que todos, directa ou indirectamente, somos herdeiros-perdedores porque é o corpo do país o que sofreu cada mancadura, cada golpe, cada bala...

San Simón deberá ser Museo do sufrimento para non esquecer, para poder certificar que nunca se poderá volver sufrir un desatino como aquel. San Simón será como unha cámara do tempo para atesourar maldades; testigo permanente para lembrar o que nunca se deberá repetir; conciencia viva para que os máis novos vaian sabendo que hai camiños que nunca se deben andar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania