Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luís Soto, vieiros da memoria

martes, 08 de octubre de 2013
Cando estamos a píques de celebrarmos o cabodano do pasamento de Luís Soto Fernández (12 de novembro), a Fundación Lois Peña Novo e o colectivo Galeguizargalicia considera oportuno procurar na súa memoria aqueles feitos senlleiros que a adornan e agrandan. Para rendérmoslle a merecida homenaxe propuxémoslle a dez concellos galegos, nos que deixou a pegada imborrable o seu maxisterio, programar un roteiro para deixar constancia do seu paso por eles.

Nos próximos meses sucederanse os actos de homenaxe nos concellos de A Bola, Lobios, Muiños, Montalegre (Portugal), Calvos de Randín, Ramirás, Celanova, Ourense, Castrelo de Miño e Mondariz.

Estes escenarios territoriais teñen como denominador común o exercicio da docencia escolar naquelas vellas escolas nas que Luís Soto soubo impulsar un ensino anovador e galeguizador cunha pedagoxía transformadora fornecendo ao seu alumnado de valores que dignificaran a súa condición social e mellorasen os seus medios de vida nun tempo de grandes transformacións políticas e sociais. Noutros, o labor de Luís Soto tivo outras connnotacións, pero en todo caso motivadas polo mesmo pulo pedagóxico: mobilizar as conciencias e abrir horizontes novos para acadar unha sociedade máis xusta e galeguizada.

Da Bola, na Veiga, onde naceu, sempre recordou a importancia que tiveran na súa nenez os relatos da tradicións orais daquelas xentes. Sendo mociño, en Vilanova, tivo a oportunidade de coñecer a coetáneos de Curros Enríquez (da que a súa avoa, Manuela Salgado fora noiva), poeta polo que sempre sentíu fonda admiración. Buscalque, en Lobios, foi o primeiro destino que tivo como mestre. Ali entusiasmou aos veciños e alumnos cunha maneira nova de formalos. O mesmo fixo en Penosiños, no Concello de Ramirás. Na Auria, centro neurálxico da creación da Asociación de Traballadores do Ensino (ATEO), da que foi cofundador e presidente en 1934, desenvolveu un traballo que irradiou nos ensinantes máis combativos da provincia. Mugueimes foi a parada e fonda camiño do exilio en Tourém onde estivo refuxiado e amparado por aqueles veciños, que ao fronte do profesor Manuel Barros, tanto fixeron polos que ali ían fuxindo do terror.

Mondariz, o seu derradeiro destino na escola unitaria, foi sen dúbida o escenario onde o seu maxisterio acadou repercusións excepcionais.Castrelo de Miño foi concello galego no que Luís Soto puido poñer a proba, unha vez máis, as súas capacidades de dirixente de masas promovendo un movemento de solidaridade galega cos afectados inxustamente polo asulagamento do val.

A figura de Luís Soto Fernández foi polifacética e de gran transcendencia nos eidos pedagóxicos e políticos desde a súa etapa de estudante ata xullo de 1936. Percorreu con Castelao moitos paises nunha campaña a prol da República. Desde o exilio mexicano levou a cabo o labor incesante que había ter naqueles anos unha influencia decisiva nas colectividades galegas no exilio e na diáspora, integrando e dirixindo publicacións e plataformas políticas e culturais máis activas no continente americano.


(Xosé González Martínez é Presidente da Fundación Lois Peña Novo)
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES