Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

... E por qué non?

lunes, 07 de octubre de 2013
Hai uns anos -non moitos-, como consecuencia dunha campaña informativa promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, que coincidiu -se mal non lembro- coa publicación do libro 'A fala dos viños, antoloxía dos viños etiquetados en galego' e dentro do vello proxecto que lidera Pepe González sobre a promoción do etiquetado dos viños galegos en galego como fórmula de compromiso dos colleiteiros galegos co noso idioma e como demostración palpable de que o feito de estaren etiquetados na nosa lingua non só non constitúe un problema, senón que lle achega un valor engadido ó producto, un fato de viñateiros das cinco denominacións de orixe fixéronnos chegar a un grupo de persoas que gozamos do privilexio de transmitir as nosas opinións a través dos medios de comunicación, a cada un súa botella de viño co fin de que colaborásemos na devandita campaña, opinando, non tanto sobre o producto en si que acababamos de recibir, que loxicamente -como comprobarán de seguido- era bo, canto sobre a necesidade de que nós mesmos sexamos quen de valorarmos primeiro o noso -tamén por que é noso- antes de sacalo ó mercado e recomendarlles ós nosos semellantes que o merquen porque, precisamente, é bo.

Pois ben, daquela a botella que me chegou a min procedía da Adega Cachín, da Abeleda da Teixeira, aínda que se debo ser sincero con vostedes, como a propia condición informativa me obriga, non sería quen de asegurar agora se o producto que contiña era branco ou tinto, cousa que para o que quero traer a colación neste intre dá o mesmo, xa que logo, fose mencía ou fose godello, a marca é exactamente a mesma cá que estes dous últimos días encheu de titulares os medios de comunicación galegos e non galegos debido á feliz circunstancia de que nun acto social con cea de gala incluída con motivo da celebración da Hispanidade e ó que tiña previsto asistir o presidente dos Estados Unidos vaise brindar precisamente con ese tinto mencía dos bancais meridionais do río Sil, situados por baixo mesmo da rexa fortaleza de Castro Caldelas.

Non podo aseguralo, porque non teño información de man que o sosteña, pero dado que a cea seica vai ser servida polo coñecido cociñeiro asturiano José Andrés, non me estrañaría nada que detrás desa feliz decisión estivera o propietario dunha das principais empresas de catering dos Estados Unidos, o apreciado ourensán de Gontán de Verea, José Valado Feijóo.

E todo elo en galego. E por que non?
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES