Cumio de presidentes
Editorial - lunes, 07 de octubre de 2013
Algunha vez tiña que ser a primeira, e ven de acontecer. O actual presidente da Xunta de Galicia, ven de reunirse cos que o antecederon no cargo nunha xuntanza de traballo da que todos saen beneficiados, especialmente o que está en activo, e a mesma gobernación de Galicia.
Por lei natural, dous expresidentes non estaban presentes, pero tomaron parte os dous ex presidentes do Partido Socialista Gonzalez Laxe e Pérez Touriño- e un do Partido Popular, Xerardo Fernández Albor mais o convocante, que xuntos viviron unha posta a punto da actualidade galega, na que o Presidente actual informaría de diversos temas aos anteriores e estes puideron facerlle saber o seu parecer sobre o que na actualidade acontece en Galicia.
Posiblemente nunca saberemos, nin fai falla, os temas que se abordaron nesta xuntanza, que se pretende repetir para facela habitual, e sexa un mecanismo que colabore á gobernación de Galicia, aproveitando a experiencia dos expresidentes. É unha medida no bo camiño, exemplo perfecto de que tamén en política- falando, podemos entendernos todos, e poden entenderse os nosos gobernantes.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora