Os Ere, ¿ata onde?
Editorial - martes, 01 de octubre de 2013
Pensábamos que os Ere tiñan unha limitación básica, referida á empresa privada, e que nunca ían tocar a unha entidade oficial. Pois xa podemos pensar diferente, porque no concello de Ponteareas se plantea un Ere para parte do seu persoal, que pode afectar a sete dos 228 traballadores.
O persoal ao servizo dos concellos disparouse nos pasados tempos de astados robustos vacas gordas, se entende- e agora o proceso non ten máis marcha atrás ca os despidos ou os Eres cando as necesidades orzamentarias obrigan a tan drástica decisión.
Lonxano o tempo en que os concellos de tipo modesto se organizaban con menos dunha ducia de empregados, a asunción paulatina de competencias e servizos, apertura de oficinas de atención ao cidadán ou a diversos colectivos, disparou o número de traballadores, mentras que na actualidade se restrinxe unha das principais fontes de ingresos municipais como eran as onerosas licencias de obras.
Os problemas económicos xa obrigaron a Ponteareas a pechar a radio e a televisión municipais, creación do antigo alcalde, José Castro, pioneiro en Galicia dos medios de comunicación municipais. Agora a Xunta deberá facerse cargo de parte do servizo de bombeiros e da residencia de maiores mentras que a Deputación asumirá do castelo de Vilasobroso.
E, ademáis, un Ere. Aviso a navegantes. Será o primeiro, pero seguro que non o último nas administracións galegas.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora