¿Qué acontece cando se rompe o contrato psicolóxico cos votantes?
Imos camiño do terceiro ano de goberno de D. Mariano Rajoy, e a mellora que nos intentan transmitir desde todos os frontes, é mais ilusoria que real. Os despropósitos continúan, e o país segue metido nun endebedamento tan alarmante, que o máis seguro e que cando remate a lexislatura, a nosa débeda alcance o 100% do PIB.
Así que, os nosos netos e nalgún caso os nosos bisnetos, veranse obrigados a pagar os despilfarros dos gobernos de Zapatero e de Mariano, que aínda que na forma queren diferenciarse, no fondo son moi semellantes. Tratase de solicitar préstamos e máis préstamos, emitindo letras, bonos e obrigacións, para cubrir o desfase que se produce entre os ingresos e os pagos da caixa do Estado.
Cando un escoita a D. Mariano dicir, que está moi orgulloso de todo o que leva feito, así como o do seu equipo, e analiza o seu programa electoral, un non lle da crédito a tanta desmemoria, como é posible, estar a facer todo o contrario, do que se prometeu a hora de solicitar o voto os cidadáns.
Vexan o prometido en materia económica, baixada de impostos, e cal é a sorpresa, que entre os que incrementaron, algúns de forma alarmante, e os que crearon de novo, vamos camiño dos corenta ! insólito¡ Nunca ninguén se atreveu a tanto.
Agora parece que están encantados porque a prima de risco está baixando. A medida que non crezamos, que non sexamos capaces de crear emprego e non controlemos o gasto, e nos dediquemos a crear e subir impostos, xa verán por onde se move a tan traída e levada prima de risco.
Na medida que incrementen a presión fiscal a recadación, cando supera o punto óptimo, descende coa mesma forma que a impulsan. O Sr. Montoro debía de repasar a curva de Laffer, tal como o facía cando estaba na oposición, e nomeaba con tanta frecuencia na sede parlamentaria.
Cando un analiza o que se está a facer en xustiza, tamén comproba, que nada ten que ver co que ia no seu programa electoral, o mesmo en sanidade, na que se está a introducir o copago de forma sutil, en espazos perigosos, tales como son algúns medicamentos, nos ingresos hospitalarios. Por algo se comeza, o resto poida que veña a continuación.
O que lle está a pasar o PP, explicase moi ben coa curva J. Davies, e podíalle dar unha boa lección se é que queren evitar o descalabro, que con moita probabilidade, lles espera nas próximas citas electorais.
Na medida en que un quebra o contrato psicolóxico cos seus votantes, o nivel de satisfacción descende, e o desencanto aparece latente. O non cumprir os seus compromisos, a distancia entre a realidade e as expectativas, vaise incrementando, abríndose un espazo, de difícil retorno.

De aí que a desconfianza no Presidente do Goberno sexa tan elevada, así como a súa valoración que anda no dous e algo, e ningún dos seus ministros logra o aprobado. Eses datos, son un bo elemento de reflexión para o Presidente e seu equipo de goberno, e agora xa non vale refuxiarse na herdanza recibida.
Hai voces de dentro do seu partido que apostan por un cambio de xinete. Por o visto ate o momento, o que precisan é o cambio de piloto e do equipo técnico o completo, e de paso que leven o coche o taller, dado que a torpeza co que foi conducido durante estes dous anos, e moi posible que tamén precise dunha revisión a fondo.
Nos países do noso entorno, é difícil encontrar un piloto ao mando dunha máquina tan potente : maioría parlamentaria en ambas cámaras, xunto co máximo poder autonómico e local, e que lle sacara tan pouco partido.
A competición en serio, empeza no ano que ven, con probas de tanto nivel como as eleccións europeas, logo as locais e autonómicas e despois as nacionais, e para eses retos, piloto e mecánicos ten que estar preparados.
As metas son ambiciosas, e polos feitos, a confianza e a credibilidade que o acompañan o Presidente e o seu equipo, parece que non indican tendencias favorables. Afortunadamente o votante cada vez é mais libre, así que na mesma forma que confía, retíralle a confianza nas próximas citas electorais.
O que si é certo, que quebrar o contrato psicolóxico cos votantes ten consecuencias negativas, por o tanto non é nada aconsellable, en ningún dos escenarios, e menos no político, por a frecuencia con a que se acude a solicitar o voto o ciudadano.