Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para fiarse do supervisor

lunes, 30 de septiembre de 2013
As cousas, sempre acaban por saberse. E agora sábese que a Comisión do Mercado de Valores desconfiaba da política das entidades bancarias cando ofrecían productos financeiros sospeitosos a precios que podían entendese por encima do seu valor, á parte do risco que supoñían.

Como os afectados procuran deixar información que no futuro proclame a súa inocencia ou menor culpabilidade, agora aparece documentación na que a Comisión Nacional estimaba que os precios dos productos ofrecidos eran artificialmente altos. E chegou a colgar na súa páxina web unha advertencia ao respecto, que non é máis ca un canto ao sol, porque a ver quen anda consultando a Web dunha comisión nacional coma esta.

O certo é que se esta comisión debe vixiar todo o referente ao panorama bursátil, o Banco de España, entidade superior en todos os aspectos económicos relativos ao Estado español, tamén tiña que ver o tema, recibir queixas ou observacións, e tomar as decisións correspondentes. E non as tomou.

A estas alturas da película – do drama- non vale de nada lamentarse, e o que se vaia coñecendo de actividades na trastenda das alturas económicas non vale máis, que ven sendo abondo, que como reforzo dos argumentos de todos os perxudicados, que foron enganados a conciencia, coa tolerancia –se non foi coa aquieiescencia- do supervisor bancario que desde que non emite moneda parece terse quedado a ralentí. Ou “gripado”,´que é un problema grave dos motores, se é que un poder supervisor é motor de algo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania