Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Roncesvalles a Compostela

lunes, 30 de septiembre de 2013
De Roncesvalles a Compostela Camiñando cara Santiago:
De Roncesvalles a Compostela

Manuel Rivero, entrañable amigo e colaborador de Opinión en Galicia Digital, pensador e formador, ven de publicar un libro sobre o Camiño de Santiago. Non é un libro máis sobre o Camiño, é un libro dun pensador que camiña pola maior ruta dos cristiáns. E utiliza o Camiño para facer un paralelismo entre a ruta e a vida, entre o feito de recorrer un traxecto tan simbólico e a formación para recorrer axeitadamente o camiño da vida.

Para que saibamos desde o inicio cal é o espíritu que o guía, sitúa ao comezo un pensamento de Carlos Roser que proclama que “La felicidad no es un punto de llegada, sino una forma de caminar”. E no decurso do libro fainos seguir un “camiño de perfección” persoal, profesional, pero especialmente humano, sabendo que ao remate do camiño hai unha meta; sabendo que ao final do proceso formativo está a meta definitiva de consecución dunha persoa formada e libre.

Son os peregrinos avó e neto, Juan e Pedro, veterano médico rural o primeiro, estudiante de medicina o segundo, que camiñan e conversan. O avó é o home experimentado que todos queremos chegar a ser. O neto, é o alumno ideal, que aproveita o saber do maior para que o inspire na vida.

Cada etapa do camiño é unha lección que o avó imparte e o neto recibe. E de repente o neto percibe que non só temos cinco vivos sentidos, senón que hai un sexto que os ingleses chaman feeling, e nós falamos del como “química” entre as persoas. E camiñamos as etapas do Camiño cara a occidente sentindo o paralelismo do Camiño e a vida, experimentando en cada etapa o sentido da relación cos demais, da empatía, da simpatía, asertividad, flexibilidade, da autoestima... O avó faille notar ao rapaz (se o avó é bo profesor, o neto é un alumno excelente), o valor dun sorriso, o saber escoitar, a necesidade da observación, de preguntar, a precisión de comunicar, a sabiduría de enxuiciar... E van aparecendo os círculo de influencia, criterios de rendemento, a proactividade, a fortaleza, a crítica, a gratitude, a administración do tempo, as decisións, a planificación, a retroalimentación, a confianza, o victimismo, a austeridade, a negociación, a coherencia, e en definitiva, o amor...

E do mesmo xeito que cando vas facendo o Camiño, calquera camiño pero especialmente o Camiño por excelencia, mentras fas camiño o Camiño faite tamén a ti, neste libro os caminantes fan o Camiño coa seguridade de que o Camiño entra neles, fainos máis fortes, máis sabios... e as conversas formativas consiguen levalos por outro Camiño aínda máis fondo, máis perdurable, que os vai acompañar durante toda a vida.

Ane Aguirre Romarate, responsable de Formación de BBVA España, entidade na que desenvolveu o seu labor profesional Manuel Rivero, apórtalle ao libro un fermoso prólogo, no que recomenda de xeito especial a etapa entre o Cebreiro e Triacastela, por tela recorrido co autor, porque fala da confianza, e supoño que tamén pola dificultade física que supón.

Non ousaría dicir que recorrer este Camiño é un pretexto do autor para facernos partícipes de cómo andar o camiño vital. Pero si que é un apoio doble: apoiarse nos coñecementos vitais para facer o Camiño, e apoiarse no Camiño para ir adentrándonos nuns coñecementos imprescindibles para saber vivir.

Nalgún momento do libro aparece mencionada esa conta emocional que todos nós temos aberta coas persoas coas que nos relacionamos, na que sempre debemos ter saldo positivo; conta que nos debemos esforzar por capitalizar, aportando aos demais o que o noso potencial nos permita. A conta emocional de Manuel Rivero ven de enriquecerse de forma extraordinaria con este magnífico libro. Agardemos que todos nós saibamos corresponder a ese abono extraordinario que ven de facer, e que saibamos beneficiarnos coa súa lectura e aplicación das magnificas aportacións que efectúa abríndonos Camiño – optimista, realista, realizador e práctico – para o futuro.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES