Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un garabato na pedra

lunes, 30 de septiembre de 2013
Remata o balón en córner e plana a laverca sobre as carpazas de Sudalomba vixiando o seu niño. Unha pedra branca roda polo outeiro abaixo e nela vai escrito un garabato que ninguén sabe ler.

Tan só algún xogador coas zapatillas furadas por abaixo será quen de marcar entre esa pedra branca e un penedo gris que está asentado entre unha toxeira e unha carpaza. A carpaza na que asenta o niño da laverca.

O xogador deixa a súa chaqueta sobre a pedra branca e pensa no garabato que está alí para que o identifique el. Non atina co seu significado ata que o balón lanzado dende o córner penetra por entre o penedo gris e a pedra, agora, tapada coa chaqueta.

O xogador cae na conta de que o garabato ten que significar gol. Olla para a laverca que planea e ensínalle un sorriso de complicidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania