As Pontes, vocación industrial
Editorial - miércoles, 21 de septiembre de 2005
A fortuna industrial de As Pontes empezou nos anos cincuenta coa extracción do lignito das súas profundidades para a producción de enerxía eléctrica, chegando a ter a central térmica máis grande de España.
O pobo sufríu algunhas servidumes, entrelas a de ter un permanente cheiro a ovos podres, polas emisións de ácido sulfhídrico, tempo despois solucionado.
Nos primeiros tempos, a preocupación máis importante era a caducidade do proxecto xa que a producción estaba garantida por un certo número de anos, sen saberse o que despois podería acontecer.
Pasou o tempo e a preocupación foi desaparecendo cando o combustible pode ser importado do estranxeiro e levado ás Pontes desde Ferrol, e cando se diversifica o entramado industrial pontés con empresas como Enfersa ou as instaladas no polígono industrial de Penapurreira.
Agora, o alcalde nacionalista das Pontes ven de poñer de manifesto a vocación industrial do seu concello cando ofrece terreos industriais perto do río Eume para a instalación dunha industria do Papel, a mesma que non queren na ría de Pontevedra por exemplo.
O que os pontevedreses non queren foi pedido por Ferrol para a comarca de Ferrolterra, e agora As Pontes centra aínda máis o tema abrindo as portas a unha instalación que baixo ningún concepto debe abandoar a Galicia, aínda que sí deben serlle de aplicación tódalas normas, especialmente as referidas ó respecto ó medio ambiente.
A vocación industrial dun pobo non debe estar reñida coa vida, senón mellorala. E que un pobo sexa xenuinamente industrial -As Pontes é un pobo industrial desde hai moito tempo- non quere dicir que a calidade da vida dos seus habitantes deba ser menor senon todo o contrario.
As vocacións deben fomentarse e axudalas para que cristalicen. Nas Pontes saben traballar, saben o que queren, e deben ter éxito.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora