Pregoeiro do vento
Otero Canto, Xosé - viernes, 27 de septiembre de 2013
PREGOEIRO DO VENTO.
Baixou envolvente o vento
pola aba do Pedregal
entre a cobra dos penedos
nun nordés outonal,
cos cabelos alporizados
pregoando raigañas de vento
e a súa faciana redonda
enxergando a Terra Chá.
Baixou envolvente o vento
dende Irimia ata o Xistral,
fonte dos nosos ancestros
pola morea glaciar
espallando por Galiza as augas
e a nosa irmá Portugal.
Baixou envolvente o vento,
deus da choiva espiritual
coa man no peito estendida
coa identidade do ar
afirmando as nosas raíces,
fidelizando este lugar
como compromiso e obriga:
Nación para o vento irmandar.
Do ano trece, un vinte e un de setembro,
Manolo Pardo -dos Vaos-
sementou no cavorco de Irimia
ao Pregoeiro do Vento,
mouteira da Terra Chá.
Otero Canto, Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora