Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pregoeiro do vento

miércoles, 25 de septiembre de 2013
Xa o dixen noutras xeiras, harmonizar a vida de cadaquen ás estacións incrementa na nosa saúde. E cando atopamos intérpretes deste instante no que nos arrequece o outono na Terra Nai, é todo o universo o que está a fornecerse de tanto ben e comuñón entre todas as criaturas.

Neste sábado concentrouse nunha boa hora, toda a enerxía que achega o outono no Pedregal de Irimia, o santuario natural máis senlleiro do noso país, o eixe simbólico do País, un espazo sagrado, no que abrolla o Pai Miño que espalla o seu sangue dende o Pedregal ata a Garda mareira, integrando todas as comarcas e vontades nun mesmo destino: a loita pola fidelidade ás nosas raíces e paisaxe, contra as desfeitas que queren arruinar o noso futuro.

Neste día máxico o espirito creativo e profético do noso pobo alumeounos coa luz demiurxica do artista Manolo Pardo, que plantou no regazo do Pedregal o seu “Pregoeiro do Vento”. Só fai un par de días e a súa mensaxe xa está a espallarse por todos os recantos do país. Ninguén podía transmitir mellor a mensaxe e a música do Pedregal, que este creador que medra ó seu abeiro.

Manuel fica nas esencias da Chaira: o vento é para @s nosos poetas o espírito da Terra Chá, o que difunde o noso ser, e erguer este fito estreando o outono, axudanos a ollar con coraxe o noso futuro. Neste día recollimos para despois sementar no eido de cadaquén as froitas que nos agasalla xenerosamente a nosa paisaxe e historia: a ecoloxía, os nosos símbolos, o idioma, a memoria histórica…

Este pregoeiro proclama ós catro ventos a traxectoria nobre do seu autor. O escultor de Meira leva anos honrando a memoria do seu veciño Aníbal Otero, cunha mostra da súa obra na casa natal, o Mirador de Barcia, do que foi investigador da nosa fala, represaliado na ditadura, e comunicando a sabedoría e as raíces dos nosos devanceiros coa romaxe dos Vaos e todo o noso patrimonio.

Emporiso a escultura que abreu os brazos o 21 fundiu a colectivos de toda Galicia que estábamos alí nunha aperta e aleación tan rexa que o vento e o caudal do Miño están a proclamar que os “tempos son chegados”. Volvimos enfortecidos con aquela resistencia que o escultor labrou nela, convencidos de que o Miño é capaz de xerar este mar de dignidade para o noso pobo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES