
Desde que chegamos a esta vida imos facendo camiño.
Os primeiros tempos da man dos proxenitores; pero despois chega o momento de levanta-lo vo e lánzarse a vivir experiencias que moitas veces supoñen un reto.
Entre outras moitas cousas pode ocorrer que decidas saír do fogar para:
Percorrer un Camiño que é Patrimonio da Humanidade
¿Imaxina vostede de que camiño se trata...?
Trátase dun CAMIÑO mundialmente coñecido que ten moitos séculos de historia e segue máis vivo cada día
Seguro que xa acertou:
¿A que está pensando no CAMIÑO DE SANTIAGO?
Claro que si.
O CAMIÑO DE SANTIAGO É O CAMIÑO DOS CAMIÑOS.
Nel atópanse persoas de tódalas idades, de tódalas nacionalidades, de tódalas razas, de tódalas línguas...
Se mo permite, voulle contar unha experiencia impactante e inesquecible que me aconteceu neste afamado Camiño á altura de Burgos.
Eran as 6 da tarde do día 8 de agosto cando eu chegaba moi cansada dunha longa viaxe a un pobo do Camiño situado nesta provincia española.
Como tiña hotel reservado pensaba instalarme canto antes para descansar e repoñer forzas. Facíame moita falta.
Moi amablemente servíronme a cea nun comedor no que tan só estaban un grupo de xoves de ámbolos dous sexos charlando amigablemente porque xa cearan antes.
Estaban sentados nunha mesa ó pé da porta de saída do comedor.
Eu senteime no outro extremo cerca da porta da cociña.
Mentres ceaba un manxar exquisito, observaba e escoitaba discretamente aquel fato de rapaces:
Falaban moi alto e mostrábanse moi alegres nun idioma descoñecido. Imaxinábame que falarían de cousas de xente nova como era o caso.
Cando rematei de cear, dirixinme cara á porta coa intención de ir directa para a habitación porque o corpo pedíame descanso.
Saudei coa mirada á rapacería pensado que eles nin siquera repararían en min; pero: ¡SORPRESAS QUE TEN A VIDA!
As miradas dos xoves fixáronse na miña e automaticamente produciuse a comunicación.
¿Como?
Pois da maneira máis doada que vostede se poida imaxinar: había un rapaz de Leganés (Madrid) e unha rapaza de Califórnia que dominaba a lingua de Cervantes á perfección. Esta última servía de intérprete para os outros.
Así empezou a historia que lle vou contar.
Eu, de pé ó lado da porta de saída do comedor, fíxenlles estas preguntas:
1.- ¿De onde sodes?
-DE BOSTON, DIXO UNHA RAPARIGA MOI GUAPA.
-Moi ben, en Boston está estudiando Música un amigo meu que quere ser compositor.
-DE CALIFORNIA, DIXO A SEGUNDA QUE SABÍA ESPAÑOL: Sara era o seu nome.
- ¡Ah, si! Pois en San Francisco teño eu unha amiga en investigación oncológica.
-DO XAPÓN dixo un rapaz moreno e alto con rasgos do este.
-Aquí quedeime calada porque no Xapón non coñezo a ninguén.
-DO BRASIL, engadiu un rapaciño moreno e con aspecto de artista.
- ¡Ah, mira que ben! Pois eu son de Galicia, de Coruña, Santiago... O meu idioma e mailo teu son irmáns.
-DE LEGANÉS, apuntou Pepe, con tono moi español.
2.- Que vos motivou para facer o CAMIÑO DE SANTIAGO?
-MOTIVOS RELIXIOSOS.
-REFLEXIONAR.
-ENCONTARME COMIGO MESMO.
-BUSCAR DENTRO DE MIN.
-DESCUBRIR ALGO NOVO QUE ME ENCHA.
Enseguida me decatei que estaban interesados na conversa e díxenlles:
¿Impórtavos que me sente aquí ó voso lado porque estou cansada?
Asentiron todos con moito gusto manifestándose moi felices.
Eu teño que decir que me sentía moi cómoda porque sintonizo ben coa xuventude e estes eran xoves moi receptivos.
Nesto, a dona do hotel que estaba na cociña, asomouse á porta que daba ó comedor para segui-la conversación dicindo: Gústame escoitalos
Nós asentimos. Se quería escoitar, que escoitara.
Seguín preguntando:
3.- Cantos anos tedes?
-Entre 26 e 31, contestaron. A de Boston tiña 26 e o de Leganés tiña 31.
4.- ¿Quen vos paga os gastos do CAMIÑO?
-NÓS MESMOS FOMOS AFORRANDO, contestaron de un en un.
5.- ¿Tedes estudios?
Si: MEDICINA, EDUCACIÓN FÍSICA, CIENCIAS POLÍTICAS, DISEÑO GRÁFICO, PUBLICIDADE.
Ben, eu teño 64 anos, algo de estudio e algunhas experiencias acumuladas ó longo do tempo. E son de A Coruña, Santiago... ¿Queredes que vos diga algo?
Todos asentiron coa mirada iluminada esperando a ver que lles dicía aquela veciña do Apóstolo.
A partir deste momento tomei eu a palabra ó mesmo tempo que lles preguntaba da cada pouco se os aburría.
Parece ser que non os aburrín porque a conversa prolongouse ata as dez e media da noite. Eso que eles tiñan que madrugar e eu tamén.
Gustaríame recordar todo canto lles dixen e me dixeron, e tamén todo canto neles observei; pero vou a resumir porque un artigo debe ter uns límites:
-A vós tocouvos de vivir nunha época de bonanza a nivel mundial.
- A vosas familias criáronvos o mellor que souberono e déronvos unha eduación, a mellor que puideron e souberon. Pero...
¿Encheuvos por dentro todo o que vos deu a familia?
A resposta foi: NON
¿Encheuvos por dentro o que vos ofreceron os vosos profesores?
A resposta foi: TAMPOUCO.
Enténdovos, respondilles eu e proseguín:
-A famila danos o mellor que ten, pero non a temos sempre á nosa disposición porque a veces falecen os nosos proxenitores (tal era o caso do rapaz de Leganés) ou ben non nos entendemos con ela porque se produce un salto xeracional ou por outros motivos.
Non é que ninguén sexa malo nin que queira facerlle a vida difícil ó outro. É así porque todos somos diferentes. Todos temos a nosa propia personalidade.
¿Certo? ¿Estou equivocada?
Asentiron que estaba no certo porque cando chegas a estas idades, necesitas imperiosamente ser ti mesmo aínda que non saibas moi ben como facelo
-O profesores danvos todo o que poden e o que saben: uns coñecementos, unhas estratexias para que as empreguedes na vida, pero eso non é todo. Falta algo especial que faga de trampolín para lanzarse á vida.
¿Non é certo?
Asentiron ó tempo que a atención ía en ascenso.
Teño que decir que á rapaza de Boston empezaron a brotarlle as bágoas que limpaba de cada pouco. Emocionábase.
Tedes o apoio da familia, tamén o dos profesores, pero fáltavos o apoio en vós mesmos. Unha forza espiritual que vos guíe polo camiño acertado:
¿É eso o que buscades? ¿Certo?
-Si dixo Pepe, o de Leganés ó tempo que tamén se explicaba bastante ben en inglés cos outros. Todos opinaban o mesmo.
Neste intre, a rapaza de Boston xa case parecía un manacial. As bágoas ían en aumento.
Eu decateime que estaba impactando moi forte nas almas dos cinco universitarios internacionais.
Estaba gratamente sorprendida e proseguín:
-¿Eso é o que queredes encontrar ó face-lo CAMIÑO DE SANTIAGO?
Seguían asentindo.
-Ben, pois quedádevos con esto:
ESPIRITO EXISTE E MOVE AS PERSOAS
O ESPÍRITO EXISTE E MOVE AS PERSOAS
O Espírito é o que vos move a face-lo CAMIÑO DE SANTIAGO que é unha parte do CAMIÑO DA VIDA
-¿Tedes algunha relixión?
-Si contestaron algúns.
Non importa.
Eu son cristina, son católica. Para min a miña forza está en Deus manifestado en Xesucristo.
Para min Xesucristo é a forza que move a miña vida.
Vós tedes que buscar esa forza que vos falta en Alguén Superior que podedes chamar: Deus, Enerxía, Universo...
Como queirades chamarlle, pero buscade ese Ser que desde o alto dirixe os nosos pasos e que nunca nos falla.
Podedes atopalo nos vosos corazóns, nas persoas que amades, nun lugar, nunha circunstancia...Donde menos vos imaxinedes porque Deus está en todo e en todas partes.
Repítovos: O ESPÍRITO EXISTE E MOVE AS PERSOAS
Ese Espírito que vos moveu a facer o CAMIÑO DE SANTIAGO, é o mesmo que vos dará forzas para volver renovados ós vosos fogares.
¿Abúrrovos co que vos estou dicindo? preguntaba eu de vez en cando
Non, non, todo o contrario. Sigue, sigue
Eu vía como me seguín cunha atención nunca vista.
Aínda que pareza mentira, seguíanme con veneración.
Como se me coñeceran de toda a vida.
Como se tivera significado moito nas súas vidas.
Aquí expliqueilles algunhas vivencias persoais para ilustrar o dito porque me daba a impresión de que os coñecía de toda a vida e optei por sincerarme con eles.
Pensei:
VALE MÁIS UNHA VIVENCIA QUE MIL PALABRAS.
Non sei por que me parece que as recordarán toda a vida.
E como observaba o seu abraio proseguín:
Pois se queredes que siga direivos outras cousiñas máis:
1ª.- PREPARÁDEVOS MOITO, MOITO.
Canto máis mellor. Non para gañar títulos nin honores nin cartos. Simplemente para facer un servizo á Humanidade cos vosos coñecementos.
2ª.- NON VOS CANSEDES DE FACER BEN SEN MIRAR A QUE E SEN ESPERAR NADA A CAMBIO.
Por exemplo: Se eu lle fago algo bo a este rapaz da miña dereita (sinalaba ó xaponés), poden ocorrer dúas cousas:
-Se é agradecido, devolverame o favor e eu sentireime recompensada.
-Se é desagradecido, nunca me devolverá o favor; pero ...
¿Que pasa co ben que lle fixen?
¿Pérdese?
Non. Non se perde porque ALGUÉN se encarga de que ese ben mo devolva a persoa que teño a miña dereita, por exemplo (o brasileiro). Eso que a el nunca lle fixen ningún ben. Pero na vida todo o que se fai, volve a quen o fai. Do que se dá, eso mesmo se recibe.
É algo misterioso pero certo.
Moitas veces a vida sorpréndete cando menos o pensas e de parte de quen menos esperas.
Hai moita bondade polo mundo.
3ª.- TRABALLADE PARA VIVIR; NON VIVADES PARA TRABALLAR.
Traballade para levar unha vida digna.
¿A que lle chamo unha vida digna?
Unha vida digna significa traballar para ter alimento, vestido, calzado e un teito.
-¡Que xa non é pouco- dixo o de Leganés!
E a continuación fixo esta refelxión en voz alta:
Para vivir dignamente a miña moza e máis eu teríamos que gañar 1300 cada un. Eu agora estou no paro...
Non lle contestei, porque tiña moita razón.
Conteilles algunhas experiencias máis da miña vida persoal que demostraban o dito anteriormente e que non vén o caso poñer aquí
Neste momento, Pepe, o de Leganés, fíxome unha pregunta que nunca puiden imaxinar:
¿Que se sente por ser de Coruña, de Santiago, de donde están os restos do Apóstolo?
Non tiña pensada a resposta pero contesteille ó instante con dúas palabras:
¡UNHA LOTERÏA!
Ter un discípulo predilecto do Señor en Santiago é unha lotería para tódolos galegos.
Só hai tres loterías como esta: XERUSALÉN, ROMA E SANTIAGO.
Notábase que eles estaban desexando pisa-la PRAZA DO OBRADOIRO, entrar na CATEDRAL e darlle unha aperta ó APÓSTOLO.
Ben, pois agora vouvos decir o último segredo da miña vida:
En Galicia Dixital publícanme cada xoves un artigo e estou pensando en escribir algo sobre este encontro tan enriquecedor con vós.
-Interrompeu a de Boston para preguntar que quería dicir eso de publicar en Galicia Dixital.
Respondinlle:
-Internet?
-YES.
-Google?.
-YES.
-Galicia Dixital...
Asentiu.
Nesto, Pepe, o de Leganés quixo saber todo e pediume os meus datos ó tempo que comunicaba cos outros en inglês preguntándolles que lles parecia a idea.
A de Boston con bágoas nos ollos todo o tempo- enseguida acercou unha servilleta e un bolígrafo, onde apuntei:
MERCEDES CACHAZA PLATAS
GALICIA DIXITAL
Todo con letras maiúsculas.
E a continuación o enderezo do correo electrónico.
-¡Que boa letra ten, dixo Sara, a de Califórnia!
Os outros asentiron.
Eu fixen que no oía e continuei:
-Vale, pero o título tedes que dicirmo vós.
-EL CAMINO DE LA VIDA, dixo Pepe, o de Leganés
Algo que se relacione con el CAMINO recalcou.
-¿CUÁNDO SALDRÁ PUBLICADO?
-Este jueves día 12 lo tengo comprometido y el 19 también.
-ENTONCES NOS TOCA EL 26. Nosotros llegaremos a Santiago el 28 y lo abriremos en la mismísima PLAZA DEL OBRADOIRO- dixo Pepe ILUSIONADÍSIMO.
-Vale, dixen eu.
Nesto, non sei como miro o reloxio e xa pasaran case tres horas.
-¡Como se nos pasou o tempo! -pensei mentres miraba a hora.
Eles deberon decatarse.
-Alguén dixo: ¿Facemos unha foto?
A continuación, un voluntario que saía naquel momento do comedor, fíxonos dúas fotos. Unha coa cámara da rapaciña de Boston e outra coa miña.
Nin que dicir ten que a conservo como ouro en pano. Púxena na portada do Facebook.
Antes de despedirme pregunteille á de Boston:
¿Por que chorabas? (fíxeno con acenos, eu non sei inglés)
A resposta foi UNHA GRAN APERTA que recordarei mentres viva.
Saíndo porta do comedor, dicía Pepe:
¡LO MEJOR DEL CAMINO HÁ SIDO HOY!
¡¡¡LO MEJOR DEL CAMINO HA SIDO HOY!!
Os outros non sei que dicían, pero máis ou menos sería o mesmo.
Xa na porta exterior do hotel, eu botei un vistazo ó meu coche para ver se o deixara ben pechado.
Nesto que vexo que Pepe se acerca e dime:
-EU FALO GALEGO
Ó ve-la miña cara de asombro continuou:
NA FACULTADE HABÍA ASIGNATURAS OPTATIVAS E ELIXÍN LÍNGUA E CULTURA GALEGAS.
E recitoume unha poesía de Rosalía. Aquela que fala do CRAVO CRAVADO NO CORAZÓN.
-Daquela sabes máis cá min, díxenlle eu.
El moi prudente dixo: NON...
Nin que dicir ten que quedei prendada desta xuventude universitaria e internacional e quixen compartir esta experiencia con vostede porque o meu corazón rebosa de contento que está por disfrutar de esta oportunidade que me ofreceu o CAMIÑO DE SANTIAGO.
Non lle dixen nada ós rapaces, pero vou intentar darlles unha sorpresa en Santigo o día da súa chegada.
Confío poder velos de novo.
¡Meréceno!
¡Son tan xeitosiños!
Lástima que non soubera expoñer mellor o que expereimentei aquel día.
Qixera facelo tan ben como se merecen estes CINCO RAPACES EXCELENTES, que son unha mostra da xuventude que nos releva.
Vostede coa súa imaxinación suplirá o que eu non souben plasmar.
Graciñas
Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aqui o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!