Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perdoar e ser perdoado

miércoles, 25 de septiembre de 2013
Andiven a ler estes días unha reflexión sobre o perdón e a resiliencia de Carmen e Juana María Maganto Mateo, e por moito que poida sorprender a miña conclusión, foi que é máis fácil perdoar que ser perdoado; o perdón quizais teña un efecto máis liberador para quen o concede que para quen o recibe.

Ser perdoado non implica a fin do remorso, nin a reparación do dano feito por moito que se amose unha clara vontade de propósito de cambio.

Hai dúas emocións inútiles que, a miúdo, nos amargan o día a día: a primeira é a preocupación que nos adianta a un futuro imprevisible; e a segunda a culpa, que nos ancora nun pasado que non podemos mudar. O perdón ten moito que ver coa culpa; asumila, recoñecela, e pedir perdón por ela (polo tanto DESculpa) ao afectado debería significar tamén abrir unha nova etapa a todos os niveis, aínda cando sabemos que o esquecemento non é posible.

O que chamamos esquecemento non é máis que unha vontade de pór en marcha unha actitude co perdoado que obvie aquilo que pasou, decidindo non mover o muíño da relación con aquelas augas.

Cando realmente existe perdón, este debe ser asumido por ambas partes, de tal xeito que nos aseguremos de que as feridas da ofensa e do remorso non volvan sangrar xamais. A vida é moi larga, e ben seguro imos ter ocasión de perdoar e ser perdoados, por iso convén aprender a pechar definitivamente aquelas partes da nosa historia que espertan en nós emocións inútiles que nos poden levar á parálise.

O perdón é a mellor ferramenta hixiénica para o noso interior, convídanos a vivir sen cargas negativas, a comprender que cada erro é unha aprendizaxe da vida e que cada vez que salvamos unha situación límite, esa relación sae reforzada; entón non pode ter cabida o remorso nin a xenreira, se non a ledicia de ter superado xuntos un desencontro. Iso si que é fraternidade!
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania