Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estes cataláns...

jueves, 26 de septiembre de 2013
Cabería agardar que os galegos andivésemos máis revolucionados pola revolución pacífica dos cataláns na percura da súa independencia. E sen embargo parece como se o tema non nos afectase, e o visemos moi lonxe no espacio e no tempo. E sen embargo estamos nas mesmas.

Nós consideramos que Galicia foi esquecida durante moitos anos polo Estado Español porque quedaba moi lonxe, e potenciouse a industria noutras zonas, especialmente en Cataluña, mentras nos quedábamos para facilitar man de obra barata.

Agora os cataláns séntense ricos e fortes e o resto de España é unha rémora para os que coidan poder vivir mellor se están sós ca así, suponse que mal acompañados.

O que eles consigan, tamén acabaremos por conseguilo nós – maior autonomía, indepencia, compensacións económicas... - que este é un país de “café para todos”, e aínda que non o pidamos agora, ao final tamén o imos pedir.

Estes cataláns sempre farán o mesmo: apretar para conseguir cousas, alzándose co santo e as ofrendas. Pero nin o sangue vai chegar ao río, nin son eles máis listos ca nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES