Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coches

miércoles, 25 de septiembre de 2013
Cambiar de coche, antes de que todo cambiara, era signo de distinción obrigado para quen quería estar ao día na vida social do país. E coche que cumprira dez anos era coche morto, e da súa defunción ían dando conta os sucesivos controis das Itv, as facturas de reparación dos talleres, e os consellos sempre atinados dos responsables das grandes comercializadoras das marcas que se venden no país.

Xa que todo cambiou, tamén neste sector, e estanse a manexar cifras de ventas similares ás do ano 2007, o que é un problema de tal envergadura que se calcula que un de cada seis concesionarios ten pechado neste problemático período. E que se as cifras de venta experimentaron incrementos esporádicos debeuse a feitos como o incremento do Ive, que provocou compras antes da súa entrada en vigor, e o Plan Pive para a renovación do parque autmovilístico.

O dos automóviles é un sector tan sensible como o da promoción de vivendas, e sendo ámbolos dous brazos para calcular a forza económica de cada momento, en mal momento estamos se durante agosto pasado as matriculacións en Galicia baixaron un nove por cento en relación co do ano anterior.

As cousas en Galicia aínda van bastante mellor ca no resto de España. O cal pode darnos idea do panorama desolador que se lle presenta ao que pretenda vender un coche. Naturalmente que é o mesmo que o que se lle presenta a quen pretenda mercalo, e precise financiación para a operación.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES