Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terrorismo

martes, 24 de septiembre de 2013
Beiras tense metido nun apuro difícil de saír, ao defender aos membros dunha organización galega que emprega medios non legais, aos que a Xustiza considera terroristas porque empregan para a defensa dos seus ideais medios violentos e non a concorrencia pacífica, política, de diálogo que é o menos que se lle pode pedir a todo o que teña unha idea que expoñer e que intente contaxiar aos demais.

Non hai terroristas bos e terroristas malos, hai terroristas e punto. E no caso de que os houbese de primeira e de segunda, non dependería da súa intencionalidade senón dos medios que teñen ao seu alcance, polo letais que poidan ser. E fagan as accións que fagan, de todas elas son responsables, que se de ordinario só causan danos materiais, calquera circunstancia pode elevar eses danos a outras dimensións, nas que as vidas humanas sempre poden estar en risco.

Se algo temos claro neste país é que, polas boas, o que se queira, xa que falando enténdose a xente. Polas malas, pola violencia, polo terrorismo, ninguén pode pasar. E ningunha forza política -ou persoa- pode apoiar aos violentos, so pena de quedar descalificada de por vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania