Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fuga de cerebros

martes, 20 de septiembre de 2005
De cando en vez, nos medios aparecen mencións a xente nova que está ensinando ou investigando en universidades de Alemaña, Estados Unidos, Inglaterra, Francia... e son galegos de nacemento.

Pode ser que se trate de exemplos de rapaces emprendedores ávidos de novas experiencias, de contacto con outras culturas, que no estranxeiro seguen a formarse á vez que demostran o nivel alcanzado na materia que corresponda xunto co dominio do idioma do país de acollida.

Pero tamén pode ser que, non tendo axeitadas saídas profesionais no noso País, emigren a aqueles paises e universidades nos que mellor poden desenvolver as súas potencialidades.

Da Universidade galega dise que é endogámica, e que nela non teñen moitas posibilidades os que desde dentro non sexan chamados a formar parte do equipo gobernante en cada disciplina.

Agora pódese dicir tamén que ten menos recursos que outras institucións similares, que tentan captar os mellores titulados para a súa incorporación posterior ós postos que corresponda.

Unha universidade madrileña está a ofrecer becas anuais de 4.500 euros ós mellores estudiantes de España, co resultado que é facil de prever se temos en conta que a nosa Universidade só pode ofrecer premios de 600 euros ós mellores alumnos de bacharelato ou 500 ós que obteñan mellores nota na selectividade.

A fuga de cerebros foi e é problema por non saber ou non poder competir con institucións ou particulares que poden mellor financiar determinada actividade, e invisten de xeito decidido en cadros de persoal, na seguridade de que no futuro esta aposta vai ser rendible.

O da Universidade madrileña, sen dúbida que é un revulsivo para o panorama universitario español, ó que hai que respostar do xeito que sexa: con intelixencia, con medios, e con visión de futuro. Porque, socialmente, o rendible é formar especialistas e técnicos, e logo aproveitalos. Se só os formamos e outros os aproveitan, Galicia perde investimentos, esforzos e persoas. E non estamos para perder nada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES