Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outra volta de parafuso, os pensionistas

jueves, 19 de septiembre de 2013
DESDE O PREGUNTOIRO

A reforma do Goberno do PP recorta as pensións en 33 mil millóns en nove anos. Este é o maior roubo do século, están a roubar o futuro xuventude e a tranquilidade da xente maior; estes gobernantes son como túzaros, troleiros e carafunchos. Quizais non vivirei para ver como a historia os condenará e alegraríame moito que nos libros de texto sexan marcados todos eles como: un goberno convertese en desgoberno para a maioría do pobo.

Nos van levar ao franquismo. Estamos sendo gobernados igual. Iso si; en “democracia”. Si é verdade que teñen o poder de mentir ao pobo, pero, desde o punto legal, gobernan aínda que sexa en contra do pobo.

Outra volta de parafuso para contentar aos seus amos, darlle aos banqueiros ricos como os Botíns de quenda e o quitan ao pobo (traballadores, sanidade, ensino dependencia e agora as pensións), hai que ter unha cara como a dun zapato vello.

A inda lembro hai uns meses cando a ministra Fátima Báñez contratou a uns espertos “sabios” para arranxar este roubo (esta vez a Fátima non foi falar coa Virxe do Rocío). A estes “listillos e galopíns non teñen nada de sabios, son uns simples mandilóns ao servizo das aseguradoras de pensións da banca, todo o demais que nos contan son milongas. Esta reforma e a coitelada máis infame e furricalla que se lle pode dar á clase da sociedade máis feble.

En milleiros de comentarios que voan polas redes sociais, falan de que os pensionistas son os que maioritariamente lle vota aos do PP. Non estou de acordo, seguro que entre os xubilados haberá moitos que voten a estes cachifallos, porén, hai unha morea de xente maior que partíronse o peito, moitos deles quedaron no camiño na loita pola democracia e polos dereitos acadados, agora vense sen forzas para loitar e ven que todo o seu esforzo vai guindado polos sumidoiros. Onde está a verdadeira canteira de votación destes desalmados, son toda esa masa de pais e nais de familia que crense uns “burgueses” que teñen uns pequenos aforros e educan aos seus fillos de forma aséptica sen valores éticos, morais e democráticos. Esa masa de persoas que o único que queren é ter un plasma, un tablet e encherse de fútbol ata os sancomiños.

Hai que falar claro dunha vez xa que entre todos axudamos a crear toda esta masa.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES