Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha traxedia difícil de esquecer

jueves, 19 de septiembre de 2013
Aquel 13 de xaneiro de 2012 pensei que morriamos a miña muller mais eu.
Iamos de viaxe de relax despois de moitos meses duros pero embarcamos no buque equivocado un 9 de xaneiro en Barcelona.

Tardamos tres horas en saír do Costa Concordia e pisar a Illa do Giglio. Foi unha historia máis das 4.300, tantas como pasaxeiros e tripulación, pero que nos marcaría para sempre, aínda que tratamos que non fose así.

Quixemos pasar páxina, esquecelo, fixemos firme compromiso de olvidar aqueles minutos que parecían horas nunha barca pneumática atascada no casco do buque semi-afundido no Tirreno, descalzos, con frío e pensando que caiamos ao mar e o golpe de 30 metros sería mortal. Non sabiamos onde estabamos nin siquera o que pasara realmente, queriamos sair e non podiamos.

Pasado o trauma inicial, xa en Galicia, puxemos todo en mans dos avogados, non quixemos revivir o suceso nun posible xuízo e por iso tratamos sempre de chegar a un acordo coa navieira.

Non seguimos as novas que se ían producindo, non participamos en ninguna reunión de afectados e aínda que nun principio pensamos en volver facer un cruceiro ou ir á Illa do Giglio para superalo de todo, ao final non o fixemos. A idea era manternos á marxe.

O xuízo, o aniversario e agora o reflotamento do cadaleito do buque insignia de Costa Cruceros traducíronse en todos os casos en chamadas dos medios de comunicación que querían ter o testamuño duns dos sobreviventes. Nunca dixemos que non a ningún medio, entendendo que o noso relato servía para ilustrar o acontecido e para que non volva acontecer nunca máis, xa que está claro que foi unha neglixencia.

Un ano e oito meses despois, as imaxes do buque onde quedaron non só as nosas pertenzas personais, senón moitas outras cousas, seguen a producir unha rara sensación nun e parece que malia o firme compromiso de esquecelo, o Costa Concordia estará sempre nas nosas vidas.

(Alejandro Mínguez González viaxaba no Camarote 1016 do Costa Concordia)
Mínguez, Alejandro
Mínguez, Alejandro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES