Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Espírito existe e move ás persoas

jueves, 19 de septiembre de 2013
O tempo de vacacións é un tempo de lecer no que cadaquén ten ocasión de facer cousas que non fai habitualmente.

Eu son unha desas persoas que sempre disfrutei dun tempo para vacacionar no verán porque a miña profesión sempre mo permitiu. Estoulle moi agradecida.

Unha das cousas que aproveito para facer en vacacións –entre outras moitas- é dedicar un tempo á miña vida espiritual.
Sempre que podo, procuro asistir á misa porque a Palabra de Deus sempre me reconforta ó mesmo tempo que me di algo novo para aplicar a miña vida cotiá; sobre todo cando paso épocas difíciles.

Coñecín a moitos sacerdotes por onde fun. Cada un co seu estilo propio.
Ultimamente encontreime cuns curas fóra de serie.

Curas que teñen moi interiorizada a Palabra de Deus, saben expoñela e –sobre todo- aplícana á súa vida e irrádiana cunha intensidade especial ás persoas que os queren escoitar ou que os rodean polas circunstancias que sexan.

Curas que chegan á alma das persoas coa forza do Espírito.

Tal é o caso dun cura que me inspirou para escribir este artigo:

Trátase dun rapaz de trinta e algo que estrea parroquia.

Nada máis velo, impresinoume a súa espiritualidade.
Recordoume a San Francisco de Asís, un dos meus santos favoritos.

Observeino durante uns días na celebración eucarística.
Escoitei as súas homilías diarias e pareceume que se trataba dunha persoa moi próxima.

Un bo día aproveitei para saudalo.
Tuteeino desde o primeiro momento, non porque non saiba ser cortés, senón precisamente para ver como “respiraba” el ante o tuteo dunha descoñecida.

Nin que decir ten que a impresión foi inmellorable.
Eu xa tiña certas referencias del e el tamén as tiña da miña persoa.

Pedinlle axuda para o tema do Belén Vivente que celebraremos este ano na miña parroquia de orixe.

Dilixente como un lóstrego, ofreceume toda a axuda que puido.

Foron pasando os días e puiden comprobar o ben que misaba e como se interesa polos seus fregueses, principalmente, cando están enfermos.

Cando misa, as palabras sáenlle da alma, non da boca.
A súa expresión corporal vai unida.
Deixa caer cada palabra pausada, sentida, amorosa, vivida; así como cada mirada pura e transparente, na alma dos que o escoltan cunha ternura e unha dozura admirables.. É unha pasada.

(Para min os enfermos son sagrados e cando alguén se ocupa deles, xa ten a miña confianza gañada).
.
Cada vez que vou á misa, procuro ir un pouco antes e sempre o vexo da mesma maneira:
Sentado nun banco calquera máis ou menos polo medio da igrexa, meditando, lendo, atendendo consultas...

Nesta ocasión andábame na cabeza escribir un artigo sobre este tipo de curas, porque fora el quen me inspirara; pero apenas se tiña información sobre a súa traxectoria.
.
Dirixinme a onde estaba el e ó mesmo tempo que o saudaba, el tamén me saudou moi amable e convidoume a sentarme ó seu lado.

-“Quería escribir un artigo sobre os curas novos de hoxe en día. –díxenlle eu.
Fuches ti quen me deu a idea, pero como apenas se teño datos teus; non sei se queres dicirme algo sobre a túa traxectoria vocacional”

Non lle fixo falta pensalo.

-SE QUERES CÓNTOCHE COMO FOI.-respondeume.

Faltaban uns minutos para empezar a misa e aceptei, asentindo coa cabeza.
El enseguida me explicou:

-EU ESTUDIARA UNHA ENXEÑERÍA DE MECÁNICA E CANDO REMATEI A CARREIRA, OFRECÉRONME TRABALLO NA PROPIA UNIVERSIDADE E XA ME QUEDEI ALÍ A TRABALLAR

-CANDO TIÑA 26 ANOS, UN DÍA QUE FUN Á MISA; CHAMOUME O PÁRROCO PARA DECIRME QUE QUERÍA FALAR COMIGO.

Nesto, fixo unha pausa e explicoume:

-“EU SEMPRE FUN PRACTIANTE.
SEMPRE FUN Á MISA, PERO ENDEXAMIS PENSARA EN SER SACERDOTE.”

Daquela, interrumpino e pregunteille:

-¿Qué pensabas, en botarte unha moza?.

-NON, ESO TAMPOUCO.
SENCILLAMENTE NON PENSABA EN NADA ESPECIAL.
ESTABA BEN.

E continuou:

-CANDO ME DIXO O PÁRROCO QUE QUERÍA FALAR COMIGO PENSEI QUE ME PEDIRÍA PARA SER CATEQUISTA OU PARA AXUDARLLE EN ALGO.

-FUN XUNTO DEL Á SEMANA SEGUINTE.

-CANDO ME FIXO A PROPOSTA DO SACERDCIO, A MIÑA RESPOSTA FOI:

“NON, NON.
DE NINGUNHA MANEIRA.”

¡COMO ME VOU POÑER EU A ESTUDIAR LETRAS: TEOLOXÍA E FILOSOFÍA, SE EU SON DE CIENCIAS!

-¿Por qué non vas falar co Rector do Seminario? – díxome o párroco.

-BOTEI OUTRA SEMANA PENSÁNDOO E POR FIN OPTEI POR IR.
TAMPOUCO PERDÍA NADA.

-NON SEI EXPLICAR POR QUÉ FUN, PERO FUN E XA ME PLANTEXEI POÑERME A ESTUDIAR FILOSOFÍA E TEOLOXÍA.

-¿Cómo facías?
-¿Seguías traballando na Universidade e máis estudiabas a un tempo?

-OS PRIMEIROS SEIS MESES SI, PERO DESPOIS XA NON.

Fixo unha breve pausa e mirou ó presbiterio onde misaría ó cabo duns minutos como dicindo: “E aquí estou”.

Pero non me dixo :”E xa estou aquí”.

Desde o máis profundo do seu corazón saíu esta expresión CONTUNDENTE, que me me inspirou o título deste artigo:

-¡¡¡O ESPÍRITO EXISTE E MOVE ÁS PERSOAS!!!”

E HOXE ESTOU AGRADECIDÍSIMO Ó SEÑOR –Dixo ó tempo que dirixía a súa tenra mirada ó presbiterio outra vez

(Eu recordéi ó meu exalumno que está a punto de saír cura, un cura de tanta talla como este, que un día sentiu a mesma chamada e tampouco soubo moi ben como explicarma.)

Asentín repetindo mentalmente varias veces para non esquecerme:

“O ESPÍRITO EXISTE E MOVE ÁS PERSOAS”.

“O ESPÍRITO EXISTE E MOVE ÁS PERSOASA”

“O ESPÍRITO EXISTE E MOVE ÁS PERSOAS”

Poderíalle facer moitas preguntas:

¿QUÉ SENTÍU Ó DEIXAR O SEU POSTO DE PROFESOR NA UNIVERSIDADE?

( Imaxino que sentiría dor. Deixar os esforzos de varios anos de estudios, un traballo como profesor de Universidade, un futuro moi prometedor, a posibilidade ou non de formar unha familia, os comentarios dos seus compañeiros, etc,,,)

¿QUÉ OPINARON SEUS PAIS DESPOIS DE PAGARLLE UNHA CARREIRA QUE OBTIVO CON MOITO ÉXITO?

( Supoño que se sentirían moi sorprendidos. Pagarlle unha carreira para que logo a abandoe...
Pero en calquera caso os fillos non son propiedade dos pais.
Son como frechas lanzadas ó mundo polo poder da vida e a forza do amor.
Cadaquén vai escribindo o seu propio destino)

¿QUEN LLE PAGOU A SEGUNDA CARREIRA?

(Non sei se sería cos seus aforrros ou se recibiu axuda dalguén. Eso foi moi importante, pero mereceu a pena. Foron cartos ben empregados)

SE ESTABA ARREPENTIDO, NON CORRESPONDÍA PORQUE O VEXO PLENAMENTE FELIZ.
Etc, etc

Estaba todo dito.
Non necesitaba saber nada máis:

“O ESPÍRITO EXISTE E MOVE ÁS PERSOAS”

Dirixinme ó meu banco onde me esperaban unhas amigas do tempo de vacacións.

Seguín a misa con atención e máis a homilía bordada sobre a misericordia divina que tiña moi ben preparada o enxeñeiro-CURA.

Sempre prepara moi ben as homilías. Sácalles un zume extraordinario.

Gardei na miña mente e no meu corazón aquelas palabras:

“O ESPIRITO EXISTE E MOVE ÁS PERSOAS”

Non fai falta que lle diga que os fregueses do enxeñeiro-CURA están encantadísimos con el.
Eso que o párroco anterior era fóra de serie, pero de estilo diferente. Cada un ten o seu carisma..

¡¡¡É TAN XEITOSO!!!

¡¡¡ E TAN BOA PERSOA!!!

¡¡¡TEN UNHA BONDADE QUE ENAMORA!!!

¡¡¡NON SE PODE TER DOUTRA MANEIRA QUEN NON SEXA COMO AMIGO!!! –dicíame un amigo común ós dous.

Esto é o que oio falar del ós seus fregueses. Xa ten moitos amigos, eso que tan só leva un ano na parroquia.

Eu tamén penso que O ESPIRITO EXISTE E MOVE ÁS PERSOAS.

Por eso lle dedico estas palabras a el e a outros que como el son elixidos polo mesmo ESPÍRITO nestes tempos tan “daquela maneira”.

Entre eles quero lembrar ó meu párroco e ó meu exalumno a punto de ordenarse e a alguns máis que fun encontrando polo camiño da vida... Eles ben saben quen son.

¡Que sigan a voz do ESPÍRITO!

¡NECESITÁMOLOS!

Non escribin estas palabras porque eu sexa crente.

Tampouco as escribiín dirixidas tan só ás persoas crentes.

Se escribín esta letras sobre un CURA NOVIÑO foi porque me impresionou o seu bo facer, a súa autenticidade, a súa coherencia co Evanxeo e a súa maneira de levalo á práctica co pobo.

Non sei se vostede é crente ou non, pero eso non me importa nada de nada.
Dáme exactamente igual que sexa unha persoa relixiosa ou atea.
Eso é o de menos.

O que si sei é que vostede é unha persoa de boa vontade e sabe apreciar a bondade das persoas exerzan a vocación que exerzan: pais, nais, mestres, ferreiros, panadeiros, enxeñeiros, curas....

En todo precisamos de persoas auténticas

Para elas vai este artigo

Vostede coma min, distingue entre persoas auténticas de verdade e outras non tan boas.
Este e non outro é o motivo que me levou a compartir con vostede eso que nos une, porque:

“O ESPÍRITO EXISTE E MOVE ÁS PERSOAS”.

A min moveume a escribilo e a vostede a lelo.

¿Certo?

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES