Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rodado en Lugo

miércoles, 18 de septiembre de 2013
Rodado en Lugo Cada Semana de Cine que en Lugo celebramos – e en 2013 estamos xa na número XXXV- deixa na memoria dos cinéfilos lembranzas visuais, efímeras ou permanentes, que van conformando o seu panorama interior de imaxes cinematográficas.

Pero duns anos para acó, ademáis das imaxes que na pantalla son fugaces e poden ser na memoria eternas, Fonmiñá publica en cada edición da Semana cadanseu libro para deixar constancia física, no soporte máis tradicional dunha historia, persoal ou colectiva, dunha acción ou dun tempo.

E así aquí e agora presentamos “Rodado en Lugo”, obra do Director da Semana, Manuel Curiel, o noso investigador particular para o que nada que ao cine se refira – especialmente ao cine en Lugo e Galicia – lle é alleo.

Rodado en Lugo ven ser una “historia interminable” que comezou en 1904 cando José Gil veu rodar a estas terras no seu infatigable apostolado cinematográfico, e ten unha pausa no momento presente que Curiel aproveita para facer reconto, e queda aberta desde hoxe para sempre para que quen proceda siga contando o quen, o como e o por que as xentes do cine escollen Lugo como escenario das súas historias.

Necesitábamos publicar un libro así, que reflicta esa especial atracción que a nosa terra e as súas xentes despertou e desperta, que faga memoria de toda actividade cinematográfica no noso marco xeográfico, e mesmo poña de manifesto as posibilidades de todo tipo que esta realidade evidencia.

“Rodado en Lugo”, é moito máis ca unha sucesión de datas e datos... É unha crónica vital da fondura dunha terra e da atracción e conseguinte impacto visual a través das pantallas de todo o mundo. Especialmente de todo o “noso” mundo.

(Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES