Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un millón para o mellor

lunes, 19 de septiembre de 2005
Era un programa de éxito masivo cando só tiñamos unha televisión ou, todo o máis, dúas que eran a mesma.

Aquelo de "Un millón", de pesetas, que se adxudicaba a un concursante que demostraba se-lo mellor en memoria, reaccións, coñecementos, nos tempos en que un millón de pesetas parecía significar tanto coma hoxe un millón de euros, causaba a lóxica sensación dunha choiva de ouro nun pobre recuncho de occidente.

Agora, un millón, segue a impresionar. Agora, son euros que cada un deles vale 166,386 das antigas pesetas, según a cotización oficial, e seguen a ser manexados desde as alturas para impresionar, para vincular, para "fidelizar", como agora se di, ós que interesa sexan fieles especialmente no momento de votar.

O Psoe reúne ós seus incondicionais en Caldas de Reis para escoita-la voz, máius poderosa desde que está no poder: O Ministerio de Fomento vai deixar que chova sobre Galicia durante o próximo ano un millón de euros... Máis aínda: se no último ano do goberno de Aznar viñeron a Galicia no presuposto 1.045 millóns en total como aportación estatal á Comunidade autónoma, Galicia vai recibir en 2006 un total de 1.500 millóns, o que ven supoñer -tamén recordan- arredor dun cincuenta por cento de aumento sobre a cifra do último ano aznariano.

Sempre veñen ben as choivas cando chegan repartidas, entran na terra docemente e non provocan riadas. Esta choiva que se nos indica próxima virá así, pouco a pouco, entrando paseniñamente no noso entramado social, beneficiando infraestructuras que son investimentos ben rendibles por facilitar o noso perpétuo discurrir.

Touriño anuncia un millón de euros. ¡Benvidos sexan!. Neste caso, trátase, tamén, dun millón para o mellor (amigo). Pero, en relación con esto, nada debe extrañarnos porque ó cabo tódolos gobernos fan o mesmo: teñen amigos e enemigos (políticos), e mentras ó enemigo nin auga, o amigo vai recibindo pouco a pouco -como choiva mansa- todo aquelo que sabe pedir con xeito. De millón en millón.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES