Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiño Xacobeo e coaching: a simbiose perfecta

martes, 17 de septiembre de 2013
CAMIÑO XACOBEO E COACHING: A SIMBIOSE PERFECTA

O Camiño de Santiago é o medio de transformación persoal máis poderoso. Millóns de persoas buscaron a seu propio encontro a través del o longo da historia.

As claves que potencian ese cambio, están identificadas na conexión profunda coa natureza, no esforzo persoal, na fraternidade, na cooperación, no focus de control interno, na austeridade, en vivir o presente con intensidade, en gozar cos mínimos medios e en descubrir que a felicidade está na forma de camiñar pola senda da vida.

Este modo de andar, centrado en valores e lixeiro de equipaxe, modela persoas seguras, éticas, flexibles e equilibradas, tanto no dimensión persoal, como na psicolóxica, espiritual ou social.

As xornadas internacionais de coaching, XC2013, este ano desenvolven parte das súas actividades a longo deste itinerario máxico do Camiño de Santiago.

Sabedores que o teu camiño conecta coa túa mellor versión, que o desafío os motiva; o esforzo os fai máis fortes; a natureza os une a súa esencia e que a cooperación os fai mellores. Coaches e entusiastas do mundo do coaching, dos cinco continentes, van a camiñar 68 km do Camiño de Santiago, os catro días previos o congreso.

Experiencias como as de durmir nunha abadía, participar en tertulias e ponencias, escoitar, observar, preguntar, aprender, desaprender, ensinar e modelar, dentro dun escenario máxico creativo e innovador son as que os levan a asumir este reto. Son deses fitos que a memoria atrapa e deixa fluír con frecuencia, dado que queda un poso de benestar, de gozo, de crecemento e de realización persoal, que che impide ser indiferente.

Iniciamos o itinerario o domingo 13 de outubro no Cebreiro, punto máxico do Camiño de Santiago. Conxunto histórico artístico; disfrutaremos da visita a Santa María a Real, de estilo prerrománico do século IX, San Giraldo de Aurillac, dos seus paisaxes, de súa gastronomía e da lenda do Santo Milagre.

O día 14 camiñamos a Samos. Alí nos espera a súa impresionante Abadía Beneditina, cos seus claustros, a súa biblioteca e os seus frescos. Un recorrido por os seus espazos entrañables, vainos permitir desandar o tempo e fluír nun ambiente de espiritualidade. Pola noite descubriremos algúns dos secretos do Mosteiro.

O día 15 camiñamos a Sarria. A sabia natureza segue sendo a nosa compañeira de camiño, os inmenso bosques de carballos de castiñeiros, van a ser a testemuña do cambio e da adaptación. Cántas leccións nos van a ir dando o longo do camiño e qué útiles van a ser para o mundo do coaching. Cánta observación, cánta escoita e cánta sabedoría acumulada.

Vamos a encontrar escenarios perfectos, que nos van a conducir por a senda adecuada do noso itinerario individual.

O día 16 camiñamos a Portomarín, onde a natureza nos seguirá dando leccións e a historia nos lembra que esas terras contaron coa protección dos templarios e o comercio dos xudeus. O Portomarín que nos describiron os nosos peregrinos, segue vivo, con parte das súas lendas, signos e símbolos debaixo das augas do encoro que leva o seu nome.

A tarde noite estará centrada na superación persoal, na que Iago Santalla será o protagonista.

O día 17, camiñamos dende o Monte do Gozo a Santiago. Subiremos con visita guiada os tellados da Catedral, no Pilón e a Cruz dos Farrapos, a modo simbólico, deixaremos as roupas do camiño, e nos revestimos de roupas novas, para entrar renovados na Catedral e escoitar a Misa do Peregrino.

Os días 18 e 19, viviremos intensamente as diferentes ponencias que se desenvolven o longo das xornadas, nas que teremos oportunidade de aprender dos grandes mestres o mellor que eles levan dentro e, que o mesmo tempo, expón de forma sinxela, sabia e humilde.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES