Estrambótica comparación
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 16 de septiembre de 2013
O profesor Aciselo López Louzán anotou na axenda do alumno Herófilo Sampaio Sánchez a historia que lle tiña que traer para a seguinte semana. Consistía na comparación da estrutura orgánica dunha carta de pago de Facenda coa semente da pataca.
O alumno Herófilo quedou alucinado ante a anotación. Pero ó día seguinte largou á Delegación de Facenda para pescudar cómo era unha carta de pago. E foi aí cando, axiña, caeu na conta da labazada da primeira lección; qué tería que ver unha carta de pago, que era cadrada, cunha semente de pataca, que era redonda.
Así e todo, presentoulle ó profesor Aciselo todo un estudo de dez folios sobre a citada comparación, pero chegando á conclusión de que a carta de pago métete no mundo da fame, mentres que a semente da pataca aliméntate.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora