Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Santina, en Foz

Fernández, Suso - viernes, 13 de septiembre de 2013
Este sábado, día 14 de setembro, a colonia asturiana asentada na bisbarra celebra, como é de rigor, a festa da Virxe de Covadonga, patrona do Principado.

A veneración á Santina é un sentimento fondamente arraigado no corazón daquelas xentes e a manifestación do mesmo traspasa con moito o que é o seu entorno mais próximo.

A Virxe diuse á vela e gañou terras e mares de América, e de medio mundo, porque os nativos, pobo emigrante, fiel á terra e ó sentido e apego á virtude racial que se define como “asturianía”, que tan lexítimamente pregoan, e da que fan partícipes a quen os rodean, lèvana consigo alí a onde eles chegan.

Esa é a experiencia do mais de coarto de século que hai da presencia notoria dos astures, que se integraron na nosa xeografía humana á que contribuen cos seus valores, pois son xentes dinámicas, extrovertidas, solidarias e participativas, deixando as súas pegadas na sociedade, sobremaneira nas facetas deportivas, culturais e lúdicas.

Este día, as gaitas indíxenas de A Subela espallarán os sons de ledicia pola celebración de irmandade, para mais tarde continuar coa misa na honra da Santina, cantada pola Coral Villa Blanca, de Luarca, que a continuación ofrecerá un concerto, e ó anoitecer comenzará a grande “espicha” na que se prodigarán os clásicos “bollus preñaus”, ovos cocidos e demais manxares típicos, xenerosamente regados pola sidrina, dietética e
estimulante, seleccioada para a ocasión...

Na longa velada agromará o talante cordial e festivo da concurrencia e, entre “culín” e “culín”, soarán vellos e nostálxicos cantares da terra nai, aínda que acaso en tales trances, lúdicos e báquicos, ninguén lembre aquel consello: “ Si quieres cantar bien, niña / y tener voz de clarín / bebe agua de Covadonga / recogida del calderín”.

Desexamos ós nosos amigos/as asturianos/as unha Santina, festa sempre entrañable, plena de felicidade.

(Suso Fernández é o Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES