A relaxing cup of café con leche
Cardalda, Theo - viernes, 13 de septiembre de 2013
Desde o Preguntoiro
Esta frase ca que comezo este artigo xa é famosa nas redes sociais, dita pola Alcaldesa de Madrid a Sra. Botella en Bos Aires ante os membros do COI. Tanto esta señora como o discurso de Mariano I (el triste) foron patéticos, pensaban que a xente no estranxeiro non se decataban do mamoneo que estamos vivindo aquí cun goberno de corruptos. Cómo se pode falar de recuperación económica?. Pero quen vai crer a esta tropa dicindo que España é solvente para facer uns JJOO, pensan que o mundo non sabe que menten máis que falan.
Non se dan conta que a crise (estafa), corrupción e permisividade no dopaxe foron as trabas para a candidatura de Madrid, pero o máis triste é que nin sequera son capaces de facer unha autocrítica do patético daquela xuntanza, só lle falta dicir que toda a culpa a teñen os comunistas e os masóns facendo revivir aquel casposo do branco e negro dos NODOS franquistas.
Agora coa descualificación dos JJOO xa non terán a droga social e política, xa non poden imitar a Cáligula con Pan e Circo dicindo que o 91 por cento dos españois secundaba a celebración da Olimpíada en Madrid, quizais volvan outra vez a desviar a atención con Xibraltar.
O que nos debería importar, é que hoxe seguirán o Mariano I (el triste) e a Sra. Bottle, ante este espectáculo non deberían saír xamais á rúa. Por certo, saberemos os cidadáns a factura de toda a tropa (máis de 300 persoas o dobre que Tokio e Estambul xuntos) que foi a Bos Aires cos cartos do erario público (viaxes, comidas, hoteis, bebidas, todo tren), incluída a actriz Amaia Salamana ( non sei que pintaba alí).
Isto é o que é ser un partido troleiro e deshonesto, que pode enganar e engaiolar a certa clase estúpida deste país pero ao final remata sendo retratado, iso si, por un organismo internacional.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora