Os peaxes das autoestradas
Editorial - jueves, 12 de septiembre de 2013
As autoestradas foron recibidas como unha solución axeitada para circular de xeito rápido a cambio do pago dunha cantidade que en principio era modesta. E para as diversas administracións eran todo un negocio xa que os adxudicatarios financiaban a obra a cambio da futura explotación.
En tempos de bonanza non significaba case nada o pago das peaxes destas autoestradas xa que o único que preocupaba era a seguridade da viaxe e a rapidez na chegada.
Cambiaron as tornas, e a crise abateuse de modo especial no mundo do automóvil, vendéndose menos vehículos, utilizándose menos os existentes, e derivándose parte do tráfico a vías presumiblemente máis perigosas pero gratuítas.
As concesionarias non fixeron máis que subir pouco a pouco os importes e nestes momentos chegamos a cifras prohibitivas coas que a utilización dunha autoestrada supón un importe varias veces superior ao consumo de combustible.
A concesionaria da Ap9 recoñece unha baixada drástica na utilización da vía, que pode cifrarse en trinta e sete mil euros diarios neste ano en relación co pasado, cifra que ten que ser verdadeiramente preocupante. Daí que a compañía se esforce en promover o pago automático para aforro de persoal, que polo de agora non parece ter demasiado atractivo para os conductores.
A maior importe das peaxes, menor número de conductores, e conseguinte reducción da recaudación. As subidas son contraproducentes. Terán que buscar máis inxeniosa solución para conservar unha clientela que, postos a restrinxir gastos, escolle vías alternativas gratuítas. E máis que o fará.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora