Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caixanova de Galicia

miércoles, 14 de septiembre de 2005
De novo, as Caixas de actualidade.

Dunha banda, porque os peixes maiores adoitan alimentarse de peixes máis pequenos. Doutra, porque para competir no difícil mundo dos negocios, canto máis grande sexa o barco mellor navega.

Dese xeito, as entidades bancarias e de aforro levan -desde hai ben tempo- xuntándose para medrar; fusionándose para mellor vivir.

En tempos, unha Caixa de Aforros era considerada un instrumento de progreso do lugar onde nacía, e unha ferramenta utilísima para a entidade que a promovía.

E así as Deputacións provinciais promovían Caixas de aforro de ámbito provincial, e os Concellos outras a escala local. E foron especialmente vivas as Caixas de Aforros de Ourense e Vigo, e as provinciais de Pontevedra e Lugo.

Pero logo veu a ánsia fusionadora e a de A Coruña absorbeu a de Lugo, e naceu a que logo se chamaría Caixa Galicia. Para Lugo, nunca foi o mesmo. Resultado: Caixa de Aforros do Norte de Galicia.

No Sur xuntáronse a de Ourense, a de Pontevedra, e a de Vigo, e naceu Caixanova do Sur de Galicia.

Parece ser que agora a Xunta aboga porque as dúas Caixas galegas -queda aínda a pequena Caixa Rural Galega- se unan para formar a que pode ser Caixanova de Galicia ou Nova Caixa Galicia, coa oposición -suponse- das afectadas e a curiosidade dos galegos.

En Galicia está entrando con moita forza La Caixa, coa evidente capacidade de manobra que lle da o ser unha das máis importantes entidades financeiras do Estado. Como están presentes tamén non se sabe cantas entidades máis, que dan xogo a unha economía como a galega que non pode estar supeditada a unha única oferta de aforro e investimento.

Está claro que a unión daría máis forza á entidade producto da suma das dúas existentes. O que non está claro é hacia onde se inclinaría a balanza investidora e promotora, ata agora repartida especialmente entre Vigo e A Coruña. Para algo hai unha Galicia de primeira e outra na retagarda.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES