Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estrelas musicais

jueves, 12 de septiembre de 2013
¿Sábese de alguén que non se quede abraiado mirando as estrelas?

¿Quen non admira un ceo estrelado?

Os Reis Magos de Oriente foron guiados por unha estrela e xa sabe vostede a onde chegaron e o que descubriron.

Máis tarde un feixe de estrelas descubriu o lugar onde descansan os restos do Apóstolo Santiago, por eso dicimos Santiago de Compostela. Dicir Compostela é o mesmo que decir “CAMPO DE ESTRELAS”

Cando se quere facer unha selección entre persoas do mundo da canción, faise un “DESFILE DE ESTRELAS” para ver cal é a estrela que máis brila.

Pois ben, teño que confesar que me impresionou moitísimo un acontecemento que tivo lugar nun precioso pobo da Costa Brava; xusto o pobo que viu nacer, a un cantautor moi coñecido.
Pero a historia musical deste pobo non empeza con este cantautor.
Este pobo é todo el musica desde tempos inmemoriables, porque:

- É música a súa fala.
- É música a súa dozura.
- É música o aire que se respira.
- É música a súa luminosidade.
-É música a amabilidade das súas xentes.
- E música a mesma xente...
- Todo el é música.

- Unha veces é música para cantar.
- Outras, música para bailar.
- Outras, música para escoitar.
- Outras, música para reivindicar.
-Outras...

Existe documentación musical deste pobo desde o século XV, pero a musicalidade deste lugar é tan antiga como el mesmo. Ó longo dos séculos foron moitas as persoas que se dedicaron á música e actualmente pódese decir que vai en progresión xeométrica.

Precisamente o que me inspirou este artigo foi o arraigo que ten a música en todos e en todo, pero MOI ESPECIALMENTE NA POBOACIÓN INFANTIL.

Aconteceu que co gallo do recoñecemento como fillo predilecto ó primeiro cantautor nativo, todo un colectivo de nenos, adolescentes e xoves tiveron lucidísimas actuaciós musicais ó longo do día percorrendo diferentes rúas e prazas do pobo facendo paradas e actuacións musicais diante das diferentes casas onde houbo ou hai músicos.

Moitos destes nenos seguen a tradicción familiar usando incluso o intrumento que tocaba o seu antepasado varias xeracións antes.
Outros xermolan neste ambiente tan privilexiado musicalmente falando.

Uns tocaron a frauta, outros a guitarra, outros o clarinete, outros o acordeón, outros a frauta dóce, outros o piano, outros a caixa, outros a tenora, outros a batería, outros...
Discúlpeme que non me lembre de todos, eran tantos, tantos...
Nunha ocasión puiden escoltar a estes nenos formando o que se chama unha orquestra infantil. Unha auténtica orquestra. E conste que sonaba moi ben.

O día do evento, era un día de sol radiante do mes de agosto.
O pobo estaba totalmente engalanado para homenaxear ó fillo predilecto pero tamén para goce e disfrute de propios e extraños.

Reuniuse moitísimo público en torno ás ESTRELAS MUSICAIS INFANTÍS: tantos nenos e nenas de curta idade que –dirixidos por excelentes e recoñecidos profesores do pobo- foron e centro de atención.

Tamén hai que decir que un excelente guía facía unha maxistral exposición da historia musical do pobo en xeral e de cada familia musical en particular.
Penso que tamén fixeron festa no ceo tódolos músicos deste pobo que xa pasaron á eternidade.
Tivémolos moi presentes.

Estas ESTRELAS MUSICAIS INFANTÍS xa teñen unha luz moi potente. Pero de momento aínda non gozan de renome mundial. Eso si, espéralles un futuro moi prometedor que seguirá elevando o nivel musical deste pobo.


Este PETIT PAÍS será aínda máis coñecido e recoñecido non soamente polo cantautor homenaxeado, senon principalmente porque estas ESTRELAS MUSICAIS EN POTENCIA, encargaranse de levalo polo mundo, mundial.

Tiven a sorte de poder asistir a este acontecemento tan importante e por eso quero felicitar e felicito con tódalas miñas forzas a estas ESTRELAS INFANTÍS E XUVENÍS, ós seus EXTRAORDINARIOS PROFESORES e –como non- ÁS SÚAS EXCELENTES FAMILIAS xa que todos unidos fan posible que un acto como este se leve a cabo.

Queridas ESTRELAS MUSICAIS INFANTÍS E XUVENÍS:
¡Sodes fabulosos!
¡Sodes fantásticos!
¡Sodes excelentes!
¡Sodes magníficos!

¡PARABÉNS!

Todos gozamos moito coas vosas esmeradas actuacións porque sabemos que detrás de todo esto hai moitísima dedicación non só por parte do alumnado, senón tamén do profesorado, das familias e do pobo en xeral..

Todos, absolutamente todos vos estamos moi agradecidos tal como volo manifestamos cos nosos calurosos aplausos.

Xa vos aplaudimos moitas outras veces, pero queremos seguir facéndoo tantas veces como se presente a ocasión.

Contade sempre con nós o co noso agradecemento manifestado nos aplausos.
¡E que sempre vibren nos vosos corazóns os aplauso do 31 de agosto de 2013, como lembranza dunha actuación modélica en representación de todo o poboe máis na honra dun fillo predilecto!

Sabede que o pobo está con vós.
Sempre contaredes con el para animarvos e felicitarvos porque todos nos sentimos moi orgullosos de vós dado que representades unha boa parte do colectivo de ESTRELAS MUSICAIS INFANTÍS da actualidade.

Pertencedes a un pobo de tradicción musical desde tempos inmemoriais.
A vós correspóndevos seguir esa tradicción e mellorala na medida das vosas posibilidades.
Tedes moita capacidade e pasiño a pasiño iredes progresando ata conseguir niveis moi altos, canto máis altos, mellor.

Estade moi agradecidos ás vosas familias que se esforzan moito para darvos unha formación musical tan esmerada.
Sede igualmente agradecidos cos vosos excelentes profesores. Sen eles non poderíades facer nada.

Colaborade con tódalas vosas forzas.

¡ Vós podedes porque sodes magníficos!

O motivo deste artigo inspiroumo a excelente actuación musical infantil, xuvenil e adulta deste pobo que tanto amo e que tanto me ama.

Ben merecería este pobo que lle dedicara o artigo en exclusiva; pero quero incluír nel a tódolos pobos que loitan por conserva-las tradicións; porque estou plenamente convencida que existen moitos lugares espallados pola nosa xeografía e pola do mundo enteiro, que tamén gozan dunha tradición; ben sexa musical ou de calquera outra rama.

Non importa cal sexa a tradicción, todas son sumamente interesantes porque representan o vivir e o loitar dos devanceiros.
Todas merecen ser respetadas e valoradas.
Son o legado dos antepasados.

Cada pobo, cada aldea, cada país... ten algo característico, algo que o diferencia dos outros, algo que lle dá identidade propia.

Nesa identidade están a raíces de cada persoa.

As nosas raíces son as que nos fixan á terra que pisamos día a día.
Debemos conservalas e levalas con nós donde queira que a vida nos leve.

Neste mundo globalizado, nesta aldea global, as raíces son máis necesarias que nunca.

ENDEXAMAIS DEBEMOS ESQUECER QUEN SOMOS E DE ONDE VIMOS.

Por eso, QUERIDAS ESTRELAS INFANTÍS de onde queira que sexades:
- Conservade as tradicións.
- Cultivádeas.
- Levádeas con vós onde queira que vaiades.
- As tradiccións configuran a historia do pobo.
- Favorecen a relación enre as persoas.
- Enriquecen a quen as conserva.
- E crean lazos de boa vecindade, amistade e fraternidade.

E ..¿Que máis se pode dicir destas ESTRELAS MUSICAIS?

¡Habería tanto, tanto, tanto que decir..!

Pero vou a resumir, dicíndolles:

¡¡¡QUE SIGAN ASÍ, ASÍÍ, ASÍÍÍ..!!!

Eu, como galega que son, quero tamén felicitar ás ESTRELS INFANTÍS GALEGAS para que sigan así, asíí, asííí...

¡FORZA E SORTE PARA TODAS AS ESTRELAS INFANTÍS!

¡APOIÉMOLAS CANTO MÁIS POIDAMOS!

¡HABER , HAINAS!

¡QUE SORTE A NOSA!

Seguramente que vostede coñece a moitas ESTRELAS INFANTÍS.
Seguro que tamén as apoia.
Seguro que disfruta moito con elas.
Pode que vostede sexa unha PERSOA ESTRELA para outras moitas, aínda que non se decate ou non queira decatarse porque prefire pasar á historia como outra persoa calquera.
Eso tamén di moito e moi ben de vostede.

Por eso quero compartir este artigo cunha persoa así. Unha persoa tal e como é vostede.
Este é outro lazo máis dos que nos unen a través destas vivencias recollidas en Galicia Dixital.

Nin que decir ten que os actos dese día tan especial foron moi variados e finalmente clausurados cun GRAN CONCERTO a cargo da CORAL DESTE MESMO POBO dirixido por UN SEÑOR MÚSICO natural do mesmo que goza dunha profesionalidade moi cualificada e de moi alta estima entre os seus veciños e coñecidos.
.
Acudiu moitísimo público de todo o contorno ademais dos veciños.
Foi un acto multitudinario.
O acontecemento ben o merecía

Todo un EXITAZO.

¡Graciñas a cantas persoas e entidades fan posible días tan felices como este onde queira que sexa!


Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES