Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facer sorte

miércoles, 11 de septiembre de 2013
Escoitando a vella canción de Lluís Llach “Que tinguem sort”. Venme á memoria o libro “La buena suerte”, de Fernando Trías e Álex Rovira; unha fábula tan interesante como sinxela e amena de ler que nos reta a facer a “Boa Sorte”, sen confiar o noso futuro á “sorte”. Segundo os autores, a “Boa Sorte” hai que construíla de cero e coas nosas propias mans, xerando día a día todas as condicións necesarias por nós mesmos, en interdependencia con todo o que nos rodea. Neste sentido, a Boa Sorte, é como o camiño de Antonio Machado: “no hay camino se hace camino al andar”.

Coido que o noso país estanos pedindo a berros exactamente isto, actuar!, e facelo en cooperación, pensando que a única forma de saír desta é xuntos, procurando sinerxías positivas que multipliquen as ideas polas competencias para pór en marcha proxectos de porvir.

Facer sorte esíxenos unha actitude de resiliencia que nos afaste tanto da ilusión (entendida por Vanistendael como esperanza sen realismo) como do cinismo (que o citado autor entende como realismo sen esperanza). Facer sorte é dedicar o noso tempo a construír aquilo no que creemos e no que probablemente deixemos o noso legado vital.

Vivimos nun país cun potencial endóxeno impresionante que non nos poden arrincar, logo só nos resta poñelo en marcha e arraigar cada proxecto nunha fonda crenza en nós mesmos. Este é o peor espolio de todos os que nos andan a facer, o da propia capacidade de mudar as cousas, e aquí si que temos que frealos drasticamente, mesmo con intransixencia. Como persoas e como país, temos un mundo de posibilidades por desenvolver, só resta destruír as rotondas do medo e camiñar.

Fagamos a nosa sorte! Volvamos a crer en nós mesmos! Que o mundo volva ver, máis unha vez, un país que rexurde das súas cinsas para vivir. Témolo todo, só nos resta esixirlle a aqueles que nos representan ou interactúan nos diversos sectores da vida pública dúas características básicas: competencia e decencia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES