Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Panem et circenses

martes, 10 de septiembre de 2013
Os antigos romanos tiñano moi claro, e así os gobernantes procuraban telos contentos a base de comida e de xogos, os dous elementos primordiais para a vida daqueles hedonistas que fixeron do “carpe diem” un modelo que dous mil anos despois seguen os que poden seguilo.

No franquismo, os que “sabían”, consideraban que o opio do pobo era o fútbol co que o rexime adormecía ás masas. Nada que ver en comparación con hoxe no que a invasión futboleira cos seus escándalos económicos, absorbe a maior parte das nosas enerxías colectivas.

E agora os xogos, que Madrid tentou por tres veces consecutivas co que de ilusión e esforzo supón, para conseguir superar a Barcelona, e marcar un punto de inflexión para o relanzamento económico e o afianzamento da capital como punto de mira e referencia.

E non temos os xogos. E non pode pasar nada, que a fin de contas así xa estabamos, e os únicos que sufrirán anímica e políticamente son os que fiaron nos xogos olímpicos o seu porvir político. Se os tiveramos tampouco pasaria nada, que uns xogos olímpicos non son unha caixa de Pandora da que van saír todos os remedios económicos, mesmo hai quen di que a súa rendibilidade ía ser dubidosa.

En fin: que a vida segue a pesar dos xogos olímpicos. E sexa como fose temos garantido o “circenses” por un ou outro medio. O do pan, e cousa á parte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania