O San Campio
Fernández, Suso - martes, 10 de septiembre de 2013
Romaxe de fonda tradición é a que o domingo, 15 de setembro, vai celebrarse en Fazouro. Emplazada a ermida en bucólica paraxe á beira do río Ouro, cruzado dalí ata a desembocadura por tres pontes que confiren ó panorama unha singularidade que fai del un dos mais fermosos paraxes que poden ollarse ao longo d litoral, tan pródigo en belezas semellantes.
Aquí verque as augas no mar o río ó que, no século XVII o xeógrafo portugués Pedro Teixeira, autor da famosa Descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos, chamou Fozdouro.
As romarías, como as festas e os mercados- escribe Taboada Chivite, na súa Etnografía Galega,- son, amais de testemuño de piedade e degoro relixioso, lugares de reunión e convivencia social. Tres elementos básicos conviven no mundo da romaría: un sustrato relixioso que empurra ós crentes a ir en peregrinación, mais ou menos devota á ermida ou santuario onde se celebra a festa; un impulso dionisiaco que leva a crentes e non crentes ó campo da festa popular para dar boa conta dos manxares levados ou que alí no campo poden mercarse, e un pretexto para reunirse en comunidade unhas horas alegres, sen outras complicacións, O San Campio de Fazouro responde a esta tipoloxía.
Dende tempos inmemoriais o lugar servíu de reclamo para as xentes dunha ampla comarca, e aínda hai quen lembra as peregrinacións chegadas desde Estaca de Bares,polo oeste e dende Asturias, por poniente, en varias xornadas, feito que alá por 1926 fíxol decir a Lence Santar, cronista oficial de Mondoñedo: E vendo polo setembro / ir de troula á romaría / do San Campio de Fazouro / a toda a novez da Mariña.
Os galegos consideramos ó corpo e ás cousas deste mundo como algo gozoso, sensual, lúdico; en armonía co entorno natural, cuxa exuberancia paisaxística é tan evidente neste curruncho á beira do río Ouro: entre os carballos xa vexo / o niño dos meus amores: / veigas, flores
/ e o río con voltas mil; / a campá con son doente / oio, e o barullo da xente / e a gaitiña e o tamboril....

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora