Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Pozas de Aire

lunes, 09 de septiembre de 2013
As Pozas de Aire As Pozas de Aire Obras mestras da arquitectura da auga no medio rural

As pozas de aire adiataron no tempo a dúas das revoluións recentes da historia da humanidade:
A Revolución Industrial, ó seren capaces de funcionar e producir sen necesidade de utilizar a enerxía humana para cumprir coa sua función básica de:
Abrirse cuando están cheas.
Cerrarse cuando están valeiras.
A Revolución Tecnolóxica, ó se poderen programar por si mesmas, coa máxima eficiencia, sen retrasarse un segundo e co a máxima eficacia, sen desperdiciar unha gota de auga.
Non temos datos históricos escritos, e os orais pérdense no tempo, para poder coñecer a implantación no territorio da Limia. O que si é inmediato e certo, é a sua desaparición, se non tomamos conciencia do seu valor, tanto a nivel constructivo como funcional.
Para o seu coñecemento, achegámonos a elas por medio das seguintes reguntas: qué, para qué, cómo, ónde e por qué.

¿Qué son as pozas de aire?
Son estanques que se utilizan para regar. Construídas de diferente forma e tamaño, adaptadas ó terreo no que se ubican.

Poza de aire dos “Martiños”, no lugar de Badalexo en Vilela do Baño.
¿Para qué serven?
A súa función básica é a de acumular a auga para o seu aproveitamento de forma eficaz no regadío dos campos.
A auga procede dun manacial de propiedade privada, de caudal xeralmente escaso, que por sí só, correndo libremente, non era suficiente para regar.
Ó proceder o seu estancamento, conséguese:
Regular o caudal.
Acumular máis cantidade.
Regar máis extensión de campo
Regar con máis intensidade
Regar a intervalos de tempo máis curtos
Regar máis eficazmente.

¿Cómo funcionan?
A verdadeira ciencia está no funcionamento, porque o propio estanque, por si só, desencadea un proceso de secuencias ordenadas, que dan lugar a que:
Cando está cheo de auga, ábrese para regar.
Cando se baleira, cérrase para encherse de novo.
Todo isto sen perder unha décima de segundo de tempo, nin unha gota de caudal, e sen necesidade de estar pendente o recurso humano para abrir cando o estanque está cheo, ou de esperar a que se baleire, e tapalo para que se encha de novo como acontece nas pozas de regadío tradicional.
A súa programación de enchedura e de baleirado, é tan eficaz, que difícilmente é superada polos mecanismo actuais de programación que utiliza a ciencia moderna.
O segredo desta eficacia, está na súa construcción, que é simple, pero sabia ó mesmo tempo, na que intervén varios principos da física relacionados entre sí:
Os vasos comunicantes
A presión atmosférica
O principio da gravidade

A construcción do estanque en canto a forma e volumen, depende do terreo e do caudal do manancial. Se a fonte sae dunha mina, aprovéitase o propio furado da mina como estanque, e se é un manacial que aflora externamente, o normal é que se constrúa de forma cadrada, rectangular ou redonda, dependendo das características do espazo.

Na parte dianteira do estanque é onde está a tecnoloxía, que se compón de:
Un bloque de granito de forma cuadrada no que se fan dous furados redondos en forma de V invertida, comunicándose entre sí polo vértice. Un dos furados dá a parte interna do estanque a escasos centímetros da base e o outro á parte externa case a rentes do chan.
Este segundo furado que da o exterior, vai a desembocar a unha pía pequena de granito.
A parte alta do bloque de granito, onde se xuntan os dous furados, cóbrese cunha táboa ou pedra plana, sellada con barro uo lama. Esta medida adóptase para:
Impedir que entre o aire os furados.
Evitar que saia o aire dos furados.
Comunicar os dous furados
Converter os dous furados nun circuito que comunica o interior do estanque co exterior do mesmo.
Esta función é para evitar o descebado do estanque.
O segundo elemento fundamental da tecnoloxía é unha pía de granito colocada na parte exterior, de forma cuadrada ou redonda, na que desemboca o furado da parte externa.
Esta pía está sempre chea de auga e a sua función e dobre:
De filtro, ó impedir que entre o aire do exterior do estanque ó interior do mesmo a través do furado.
De permeabilidade, ó facilitar a saída do aire do furado, cando a forza da auga ó expulsala de dentro cara a fóra, polo dobre efecto:
Efecto vaso comunicante. Cando a auga vai subindo polo furando interno a medida que se vai enchendo o estanque, o aire que está no furado vai saíndo de forma lenta ó exterior.
Efecto presión, polo principio de gravidade: cando o estanque está cheo, a auga reborda o vértice superior e cae con forza polo furado externo, expulsando con rapidez todo o aire que quedaba no furado que vai do exterior ó interior, desencadeándose nese momento o mecanismo de baleirado, ó producirse a comunicación interna-externa do estanque.

¿Onde están situadas?
Estás pozas situadas en propiedades privadas, que dispón dun manacial propio que non ten que ceder para o uso público en tempos de ragadío, e con superficie propia de campo para regar. O seu aproveitamento é individual e privado, en contraposición ó das pozas veciñais, que son de uso e aproveitamento público.

¿Por qué das pozas de aire?
As pozas de aire deben de seguir vivas e todos temos a obriga de recuperalas, por varios motivos:
Para descubrir o saber práctico dos nosos devanceiros.
Para non deixar esmorecer o noso patrimonio, que tantos anos se conservou e que en tan poucos se vai perdendo.
Para demostrar de forma empírica os principios da física, e dar de forma práctica, fácil e didáctica clases de física os nosos escolares.
Esta sabedoría popular está esmorecendo, ata tal punto que na aldea de Vilela do Baño, onde foron abundantes nos anos cincuenta do século pasado, no só non funcionan, senón que xa non quedan persoas que coñezan o seu mecanismo para poñelas a andar; a mayoría delas desapareceron . Só quedan os restos de tres delas: o mato, a falta de función, o desinterés e a desidia marcaron o seu destino e privaron as sucesivas xeracións dun saber acumulado cun grao de eficacia perfecto.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES