Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A traxedia galega

lunes, 09 de septiembre de 2013
A Xunta de Galicia parece pretender que medre a poboación galega e para iso animanos á procreación. Fermosa idea se a tal fín traballara de cotío e non fose agora cando se acordasen da despoboación que está a sufri-la Terra. E pra evita-la sangría sería moi desexable que a súa política estivera orientada a manter entre nós a ises milleiros de rapaces, que dín tan preparados e que desgraciadamente interesan tan pouco a quenes nos gobernan, e que están a marchar de cotío á emigración. Rapaces os que seus pais deron unha educación, cara e cada día máis elitista, e que se ven obligados a marchar por máis que ós señores da Xunta, novos caciques moi democráticos iles, se lles encha a boca con que están a facer cousas polo desenvolvemento de Galicia.

De pouco val tanta inmersión lingüística, se despois os rapaces van a educa-los seus filllos na fala de Sakespeare; de pouco val tanta fachenda de organismos, se logo non hai traballo; de pouco valen os polígonos industriais, se son eiras e non hai fabricas niles; de pouco valen tantos contos… senón conseguimos rematar, ou al menos disminuir significativamente, a emigración. E iso só se consigue dinamizando e instalando empresas xeneradoras de postos de traballo, e que non todas han de ser noxenta como térmicas ou alúminas.

Mentras non lles entre na cachola, os pais seguirán loitando por dar ós seus fillos unha preparación moito mellor que a que recibiron iles. Hannos mandar á universidade se son capaces de facerlle frente a isas argalladas de masters e outras mandingas inventadas para sacarlles os cartos. Han seguir atopándose en que os rapaces acaban a carreira e emigran a onde sexan capaces de vivir máis desafogadamente que acó, han de fuxir na procura do pan e hanse ver chorando diante a cruda realidade duna Terra que, como diría un bó amigo meu: “A terra que non da de comer ós eus fillos, nin é terra nin a mai que a pareu”. E han vivir alonxados dos seus seres queridos, e han cria-los seus fillos nunha terra e unh fala allea, e han de voltar, cecais algún día no vrau, e os fillos dos seus fillos, nenos ou xa maiores, non serán capaces de saber querelos.

Traxedia a que nos abocan esa panda de despabilados oportunistas que están a gobernarnos e só se adican, oposición incluída, a despelexarse mutuamente creendo que nos fan parvos. ¡Mal racaniño…!
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES