Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María: A nosa irmandade

lunes, 09 de septiembre de 2013
Leido por Iago Santalla no cemiterio de Outeiro de Rei no cabodano laico na honra de Manuel María, organizado pola Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos de Guitiriz.


A NOSA IRMANDADE

Tras de ti
Deixáchesnos un día ledo.
Bébedo de camaradería
e poesía,
cheo de corazóns altivos
que se unen por apertas
para celebrar un novo ano
ao redor do teu legado.

A nosa irmandade
é un punto de encontro
que nos fai gravitar
en cada verso por ti escrito,
en cada idea por ti mantida
con absoluta coherencia vital.

Ti, es hoxe o noso pensamento colectivo;
o motivo de que o corazón nos palpite
ao ritmo de mans unidas
que se resilian contra as tempestades deste tempo.
Estas mans resilientes son túas, Manuel!
Son feitas de buxo e amor!
E únennos neste día
onde aprendemos a atoparte
en apertas ceibes de fraternidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania