Navegar
Editorial - martes, 13 de septiembre de 2005
O Presidente Toruiño participa na conferencia de Presidentes das Autonomías españolas, e regresa satisfeito porque Galicia parece ser que resulta beneficiada cos acordos e os repartos, e a sanidade galega deixa de ser un problema.
Eso, al menos, despréndese dos comentarios, comparecencias e notas feitas públicas despois dunha xuntanza na que PP e PSOE non quixeron estar de acordo, diante da que non parece ser moi mala solución.
Cando os galegos entendiamos que xa tiñamos solucionado o problema, veu Anxo Quintana coa rebaixa indicando que se ben valora positivamente a nova proposta para o financiamento da sanidade pública, hai que estudiala con calma e tranquilidade porque ten aspectos confusos que convén aclarar.
Criticou a conferencia, que según el puido terse feito mellor, criticou que sobrara improvisación, propaganda e guerra de cifras, xa que os problema postos enrriba da mesa non eran os da sanidade senón os de Rajoy, Zapatero, PP e PSOE.
O que a Touriño lle pareceu magnífico, vai ser estudiado por Quintana con seriedade e responsabilidade. Ou, o que é o mesmo, non chega que Touriño diga Amén, senón que ten que ser refrendado por Quintana para que teña efectividade.
Posiblemente este sexa o sistema de funcionamento dun bipartito, cuidando as formas. Pero de cara ó exterior diminúe bastante o papel do titular sen por eso engrandecer o do segundo de a bordo.
Ben se sabe que para que navegue unha barca con dous remos, os dous teñen que funcionar ó mesmo tempo e no mesmo sentido, sendo a da navegación unha arte difícil e fermosa que a nosa xente leva milenios practicando.
Para que a nosa barca colectiva funcione, moito tempero van ter que ter os dous remeiros, manifestamente preocupados en que se vexa quen rema. O malo é que os dous queren, tamén, levar o timón.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora