Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A moeda do progreso

jueves, 05 de septiembre de 2013
Xa nos despedimos das vacacións os que tivemos a sorte de poder disfrutalas. Aínda que algúns disfrútanas agora ou máis tarde. Outros non poderán. Outros... Cada pobre amaña a súa vida como pode.
Tanto para os que pudieron disfrutalas como para os que non:
¡Xa temos aquí setembro!
Un novo ritmo de vida se aproxima.

Setembro é un mes moi especial, principalmente para o colectivo pedagóxico: profesorado, estudiantes e familias...

-Para a poboación infantil preséntase un novo curso cargado de novos retos.
Novos libros, novos profesores, novos colexios...
Deixar atrás as vacacións....
¿Síndrome post-vacacional para algúns?

O ALUMNADO FARASE PREGUNTAS DESTE ESTILO:

-¿Qué me esperará este curso?

-¿Qué profesores me tocarán?

-¿Serán moi duros?

-¿Tocarame a profesora do ano pasado?

-E se cambio de colexio...¿Que pasará?

Etc, etc...

PERO O PROFESORADO FARÁ OUTRAS BEN DIFERENTES:

-¿Encontrarei traballo?

- ¡Co que me tarda por emanciparme..!

-¿Onde me tocará este ano?

-¿Que curso me tocará?

-¿Cómo serán os compañeiros novos que veñen?

-¿Cómo irá coa nova dirección?

-¿Recoratrán aínda máis o meu reducido salario...?

-¿Poderei seguir pagando a hipoteca?

E un longo etc.

E NO TOCANTE ÁS FAMILIAS HAINAS DE VARIAS CLASES DEPENDENDO DO SEU ESTATUS SOCIAL.

1.- AS DE ECONOMÍA XUSTA, fanse preguntas deste estilo para os estudios obrigatorios:

-¿Haberá becas para libros este curso? Din que aínda van poñer máis requisitos...

-¿Funcionará o comedor escolar?
Dicían o curso pasado que habería que aportar unha parte.¿Será certo?

-¿Cambiarán os libros?

-¿Podereillos pedir prestados a alguén se serven os do curso pasado?

-¿Haberá que aportar algo para o transporte?

-¿Poderemos aproveitar o material do maior para a máis pequena?

A ver como nos amañamos...

Pase o que pase...¡ Os nenos á escola teñen que ir!

Deus proveerá...


2.- AS FAMILIAS DE ECONOMÍA MEDIA: non teñen que botar contas para o ensino obrigatorio pero xa lles dá que pensar a universidade:

-Este ano xa entra o segundo na universidade e ó outro aínda lle quedan dous anos se todo vai ben.
Xa serán dous fóra da casa:

-¿Poderán compartir piso con outros para aforrar algo?

-¡Canto subiron este ano as matrículas! ¡Mi madriña!

-Teremos que arrima-lo ombreiro tódolos membros da familia -di a avoa:
As cargas repartidas, divídense...
En calquera caso, merece a pena sacrificarse para que adquiran unha formación...

-Tal como están os tempos... di o pai de familia.

-Grazas que somos unha familia unida.

-Entre todos poderemos.

-Si que poderemos –di a nai..

-Cousas máis difíciles se conseguiron –apunta o pai..

-Malo será...

3.- AS FAMILIAS ACOMODADAS:

A estas non lles preocupa a economía, preocúpalles que os seus fillos vaian ós mellores colexios e ás mellores universidades, para que reciban unha formación moi sólida e ó mesmo tempo se vaian codeando cos que outro día gobernarán o país.

-Un colexio de élite onde empreguen os métodos de última xeración. Será o mellor entre os mellores. Coste o que coste.

-Os seus pupilos estrearán uniformes novos, zapatos novos e mochilas novas. Todo do trinque e das marcas máis prestixiosas.

-Uns van ó colexio acompañados polo chófer da propia familia, outros van en transporte escolar, outros acompañados dos avós, outros coa asistenta, outros...

-Sentiranse como príncipes.

-Os seus papás coidaranse de que leven unha educación excelente, unha cortesía esmerada e unha amabilidade moi coidada.
Serán armas imprescindibles na súa vida futura.

-As calificacións tamén serán excelentes para que a autoestima do alumnado estea moi alta.
De ningunha maneira poden sentirse frustrados.
¡Quen tal dixo..!

-Cando accedan á universidade irán a unha universidades de élite onde os seus pupilos teñan todo tipo de servizos.
E se pasan por algunha crise, que teñan toda a asistencia psicológica ou espiritual que necesiten.

-Outro día serán os que accedan ós postos de maior responsabilidade.
Estarán na cúspide da pirámide poboacional do país.

Resumindo que a IGUALDADE DE OPORTUNIDADES non é algo matemático; pero grazas ás axudas moitas lumbreiras de clases humildes poden acceder a certos postos que doutra maneira nunca poderían.

Desde que o mundo é mundo, houbo clases sociais.
O que nunca debemos perder é a esperanza de loitar por un mundo mellor independentemente da orixe máis ou menos favorable, según as circunstancias de cadaquén.

Por algo Ortega y Gaset dicia: “YO SOY YO Y MIS CIRCUNSTACIAS”
Esto pásanos a todos.

Afortunadamente a SABEDORÍA DIVINA esparce capacidades intelectuais en tódalas clases sociais así como en tódolos lugares:
-Tanto no medio rural máis apartado como nas cidades máis populosas.
-Tanto en familias economicamente febles como en familias de moito poder adquisitivo.

Por eso, -despois da saúde física- ”A CAPACIDADE INTELECTUAL É UN BEN MOI PRECIADO”

E para os economicamente febles: “ A CAPACIADE INTELECTUAL É UN BEN MOI PRECIADO E TAMÉN UNHA ARMA MOI PODEROSA”.

Certo que para adquirir coñecementos todos temos que esforzarnos, pero as circunstancia nas que nace e medra unha criatura son moi diferentes.

Aquelas persoas que nacen no seo dunha familia instruida, culta e ben situada, teñen máis medios e tamén máis facilidades.
Que as aproveiten máis ou menos, xa é cousa de cadaquén.

Con todo, as clases menos favorecidas económicamente, gozan da VIRTUDE DO SACRIFICO que as impulsa a loitar por conseguir aquelo que persiguen porque saben que:

“A NECESIDADE AGUDIZA O INXENIO”

Con menos medios si, con más esforzo tamén; pero O DIFÍCIL CONSÍGUESE E O IMPOSIBLE, INTÉNTASE.

Por eso animo á xuventude a superarse por alcanzar postos según a súa capacidade intelectual.
As limitacións económicas supéranse, as barreiras sociais vanse deixando a un lado...
Pasiño a pasiño...

O FUTURO É PROMETEDOR PARA TODAS AQUELAS PERSOAS QUE EMPREGAN LIMPAMENTE TODO O SEU EMPEÑO EN MELLORAR A SÚA SITUACIÓN SOCIO-CULTURAL, COA FINALIDADE DE CONTRIBUÍR Á CONSTRUCCIÓN DUN MUNDO MELLOR PARA TODOS.
.
Non se trata de se-lo mellor para fachendear diante dos outros porque ten moito mérito.
Non. Non.
Eso sería soberbia pura e dura.
Vaidade de vaidades.
Construír castelos no aire.
Ese tipo de peroas nunca serían os mellores profesionais.
En moitos casos, os mellores son os máis sinxelos e os que máis desapercibidos pasan. Pero os seus froitos son de primeira calidade.

Do que se trata é de superarse canto máis se poida para ofrecer servizos de calidade para a sociedade co desexo de contribuír á construcción dun mundo no que todos nos encontremos mellor do que estamos.

Por eso animo a todo o personal estudiantil que en setembro se enfronta a un novo reto, a que se empregue a fondo.
Sen regatear esforzos.
A causa ben o merece.

A SOCIEDADE PRECISA DE XUVENTUDE QUE LOITA PACÍFICAMENTE:
- COAS ARMAS DO ESTUDIO.
- COAS ARMAS DA FORMACIÓN.
- COAS ARMAS DA ENTREGA.
- COAS ARMAS DO AFÁN DE SUPERACIÓN.
- COAS ARMAS DO SACRIFICIO.
-COAS ARMAS DO SERVIZO
- E COAS ARMAS DA PROFESIONALIDADE

¿Por qué?

PORQUE TEMOS MOITO PERSONAL NOVO CON CAPACIDADE INTELECTUAL MOI ELEVADA.

¿Para que?

PARA CAMBIAR ESTE MUNDO UN TANTO MEDIOCRE POR OUTRO MOITO MELLOR.

Certo que as xeracións anteriores deixan feito moito, pero a cada xeración correspóndelle supera-la anterior
Neso consiste a evolución humana.

¡ÄNIMO XUVENTUDE!
¡ÁNIMO FAMILIAS!
¡ANIMO PODERES PÚBLICOS E PRIVADOS IMPLICADOS NA EDUCACIÓN!

A educación é a mellor das empresas coas que conta un país, porque da boa ou mala educación dun país, depende o futuro do mesmo.

Por eso, tódolos esforzos son poucos.

Sabemos que o noso país está pasando por un momento especial, pero precisamente por eso, debemos esmerarnos máis que nunca sabendo que con moito esforzo e a colaboración de todos, conseguiremos superarnos.

Chegou setembro e SETEMBRO PROMETE BOA COLLEITA A QUEN SAIBA CULTIVAR, REGAR E SACA-LAS MALAS HERBAS DO MEDIO DESDE O PRIMEIRO DÍA ATA O DERRADEIRO DO CURSO.

Con empeño e perseverancia esperamos un curso moi prometedor porque chegou setembro, o mes do inicio dun novo curso que dará tan bos froitos como EMPEÑO POÑAMOS.

A sociedade ten moito que agradecer a todo o equipo pedagóxico que fai que estas expectativas se levan a bo término, porque:

“O ALUMNADO VE NO PROFESORADO UN MANANCIAL DE SABEDORÍA E ESTE UN MAGNÍFICO CAMPO DE TRABALLO NO ALUMNADO”.
Dúas caras da mesma moeda.

A MOEDA DO PROGRESO.

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES