Manuel María e o mar de Foz
Fernández, Suso - jueves, 05 de septiembre de 2013
(Na inauguración da Casa-Museo do poeta)
Coida un que o mar de Manuel María coma o de Leiras Pulpeiro ou o de Cunqueiroé o mar de Foz. Ambolos tres tiñan o mar ao norde, e a chaira luguesa e o val de Mondoñedo, en Foz, a saída natural ó mar.
Un garda, na sua memoria de rapaz, a lembranza dos labregos chairegos que por estas datas, tralas duras faenas do campo que impuñan a sega, a malla e demais, chegaban ao mar de Foz, a repoñer os seus corpos esgotados de tanta loita, cos nove baños preceptivos e os días de vagar. Eran os chairegos de Manuel María que por uns días abandonaban a tribo para acudir cada ano á reparadora visita do seu mar...
Acaso non poda decirse que o poeta tivese amores co mar; os seus amoríos eran mais íntimos, mais próximos; daí que a sua lira vibrase con mais emoción ante a presencia do minúsculo regato do Cepelo ou, noutra dimensión, co pai Miño. un río de luz, polo que algún día habemos navegar. O mar decía élé moi grande e eu moi pequeniño.
Tal evidencia non significa que o vate non fose sensible á realidade maxestuosa do mar, chegando a identificalo co home: Nós somos mar. Estamos rodeados, cinguidos polo mar e mesmo a amosar a inquedanza pola problemática social; e fala das noites de trebón/ que fan naufragar/ a embarcación, así como da exigua soldada do traballador: ... ao ver o precio do peixe/ é xusto que me queixe/ que non coide normal/ o diñeiro/ que o mariñeiro/ percibe de xornal.
Manuel María foi un asiduo visitante do mar de Foz, ao que cantou en versos florecidos na sua louvanza:
O mar de Foz, amiga, de ronseles floridos
Polo que navegan os versos mais belidos.
Eu a navegar.
O mar de Foz, amiga, de gaivotas e navíos
Leva por mareas os soños mais esguios.
Eu a navegar.
O mar de Foz, amiga, o mar dos mariñeiros
Ten camiños de gozo e camiños tristeiros.
Eu a navegar
I-z ría de Foz,,amiga, ¡qué leda muiñeira,
Si a brisa a navega, cantadora e lixeira!
Eu a navegar
Tan soio no meu mar!.
Viviu Manuel María as emotivas festas mariñeiras da Virxe do Carme, das que foi pregoeiro; e no relato Cando o mar foi polo río, levou ó protagonista, Manuel de Paderna, ás festas do San Lourenzo, e a tomar os baños na praia da Rapadoira..
O poeta de terra adentro deixou na beiramar focega, anclada, proa ó Cantábrico, a súa nao mariñeira : a Casa da Cultura que leva o seu nome.
Un cre firmemente que o de Foz, foi coma para Leiras ou Cunqueiro o mar de Manuel María.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora