Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tropa da Armenteira

martes, 03 de septiembre de 2013
Desde o Preguntoiro

O goberno admite que os 40 mil millóns de euros dos españois inxectados á banca son irrecuperables. ¡ Manda carallo na Habana !. Estes días a Asociación Española da Banca (AEB), comenta que as ganancias desde xaneiro ata xuño foron de 5.400 millóns de euros.

Coido que estamos falando de estafa por parte destes irresponsables políticos. Estafaron ao pobo, quitándonos toda clase de servizos sociais, subindo os impostos, recortando os nosos soldos e trocando a Constitución para poder roubarnos impunemente, agora o noso primeiro furricallo e “plasmático” ameaza con rebaixar as pensións, van a deixar este fondo como un farrapo. Ata que esta tropa de corruptos e troleiros sigan no goberno van deixar a caixa valeira, tan seca como un garabullo.

Non é por amolar, pero polo que estou cheirando, a día de hoxe seguiran como carneiráns emporcallando a política e tirando dos fondos para inxectar diñeiro público a esas empresas privadas da sanidade e outras.

Unha bandullada, colegas, unha orxía de diñeiro que aos cidadáns ben pensantes fainos estarrecer.

A semana pasada non había máis mundo que Ribadumia. Alí estaba o Sr. Mariano facendo un percorrido .”...por el camino verde que va a la ermita...”, perdón, camiño da Armenteira; coido que ía pensando como ser moito máis mecenas dos bancos, roubarnos aos de abaixo para seguir inflando aos banqueiros galopíns. Se non me trabuco moito, a cousa pode ir por facer cambadelas engaiolando aos pensionistas, desta maneira os seguros dos bancos engordan cos plans de pensións.

Desde que temos “democracia” xamais uns poucos foran capaces de escangallar a millóns neste país en tan pouco tempo.

Hai cen anos Benito Pérez-Galdós no seu libro “La fe nacional y otros escritos sobre España” publicado en 1912, comentaba: “Los dos partidos que se han concordado para turnarse pacificamente en el poder, son dos manadas de hombres que no aspiran más que a pastar en el presupuesto. Carecen de ideales, ningún fin elevado los mueve; no mejoraran en lo más mínimo......” Hoxe seguimos igual.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES