Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contratos

lunes, 02 de septiembre de 2013
Agora vai resultar que o problema é a burocracia, o lío dos contratos de traballo, de que a diminución do paro depende de que os empresarios non teñan dificultade para encaixar de maneira axeitada o contrato dun traballador.

A ministra Bañez presenta como un logro e como un factor de solución da problemática do paro a reducción da excesiva variedade dos contratos de traballo, pasando dos corenta existentes a só cinco, como unha mínima claridade mental debería ter obrigado a facer hai moito tempo por pura simplificación administrativa, esa na que as administracións levan traballando arredor de medio século ou máis.

Calquera empresa mediana ou pequena ten un asesor fiscal, unha oficina administrativa, un xestor en fin, que lle leva os temas relacionados con Facenda, coa Seguridade Social e con Traballo, porque é imposible que alguén que se dedica a traballar, a producir, poida ademais afrontar a navegación por este mar tenebroso. Polo tanto, a reducción dos corenta modelos de contratación a cinco, ven simplificar traballo aos xestores, facilitar os trámites e clarificar situacións complexas. E nada máis.

Que haxa menos tipos de contrato non vai significar que se suscriban máis contratos, e destes máis indefinidos. Non vai conseguir que o crédito flúa dos bancos ás empresas, non vai animar o comercio, non vai fomentar que volvamos a ter as familias e as pequenas empresas capacidade para afrontar o día sen preocupación. Non vai valer máis ca para ter menos caixóns para arquivar copias de contratos, ou menos seccións clasificatorias nos escritorios dos ordenadores das administracións.

Ou sexa: serpe de verán cando o verán remata. Nada máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania