Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"El Relicario", Mato e O Valadouro

lunes, 02 de septiembre de 2013
Don Ramón Fernández Mato foi un ilustre persoeiro, natural de Boiro, na ría de Arousa, que arredor dos anos 20 casou con rica dona valadourense.

Xornalista (foi o primeiro director de “El Pueblo Gallego”, naquel entón o rotativo mais prestixoso do noso país, propiedade de Portela Valladares), escritor e político; eran moitos os seus amigos destas capas sociais, e mesmo doutros espectros da farándula: músicos, poetas, actores e actrices, toreiros e demais.

O estoupido da incivil pillouno de Director Xeral de Seguridade (antes fora gobernador civil, diputado, etc.) e fixo que ante o que se viña enriba fuxise a Cuba, embarcando clandestinamente na bahía de Alicante, e naqueles países hispanos permañeceo ata que en 1964 voltou á terra residindo 4 anos en Foz.

Foi entón cando o visitou o xornalista e escritor Alvaro Ruibal, compostelán afincado en Barcelona como redactor de La Vanguardia. Do encontro foi testemuña este cronista. Catro anos mais tarde (1968), Ruibal publicou unha crónica de viaxes polo norte; fala da nosa bisbarra e conta cómo Mato relatou que recén casado con dona Pepita, convidou ó seu amigo, o mestre Padilla, a pasar unha tempadiña no seu pazo conxugal “solanero y romántico”, dí o reporteiro, e alí Padilla compuxo o tan famoso pasodoble “El Relicario”.

“ Escribir esta abigarrada españolada bajo las carballeiras galaicas- di A. Ruibal- resulta un despropósito, pero las cosas vinieron de esta manera” e engade: “...don Ramón deambula por las calles de Foz invadido por la nostalgia. Es un anciano fornido, alto, todavía vital al que robaron su tiempo. ¡por favor devuélvanle el tiempo a Fernández Mato...!” (La Vanguardia 28 – 6 –68).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES