Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario do S. Adrián de Goiriz, Vilalba (Lugo) (II)

lunes, 12 de septiembre de 2005
Devocin popular no Santuario do S. Adrin de Goiriz, Vilalba (Lugo) (II) Devocin popular no Santuario do S. Adrin de Goiriz, Vilalba (Lugo) (II) 5.- ALGUNHAS REFERENCIAS HISTÓRICAS SOBRE O SANTUARIO
No retábulo da capela existe unha inscrición que fai referencia ó ano en que se fundou e as persoas que o fixeron. A inscrición di o seguinte: "Esta capilla fundó D. Ramón y Luaces y su mujer Doña Ramona de Montenegro, año de 1685 y este retablo año de 1703".
Ata ben entrado o século XX a capela pertenceu a casa do Rego de Santadrao. Os seus membros encargáronse de coidar a capela e de mercar os ornamentos sagrados para celebrar as funcións relixiosas. Na actualidade a capela e administrada polo párroco de Goiriz, aínda que os que realizan algúns rituais: poñe-lo santo, pasar os coitelos de madeira pola imaxe do S. Adrián, pertencen á devandita casa.

6.- OS DÍAS DA FESTIVIDADE NO SANTUARIO E A PROCEDENCIA XEOGRÁFICA DOS DEVOTOS
O sábado e o domingo, seguintes á festividade da Ascensión, e o 29 de xuño celébranse as festividades do S. Adrián e S. Pedro, respectivamente. Hai anos, a festividade do S. Adrián celebrábase o mércores antes da Ascensión.
"Antes celebrábase a festa o víspora antes da Ascensión, ahora pasouse pro sábado e o domingo seguintes" (13).
O cambio de data debeuse a que no fin de semana podían acudir máis romeiros que nun día laboral.
Nestes días acoden devotos de tódalas parroquias dos arredores e tamén de municipios contiguos como Muras, Abadín, Cospeito, Begonte etc... "Ven ofrecida a xente de moitos sitios, de Muras, de Gaibor, de Cospeito, de Samarugo, de S. Simón, de Corbelle, de Román, de Lanzós, e de lexos" (14).

7.- AS ROGATIVAS POR PARTE DOS DEVOTOS
En xeral os devotos ofrécense por si mesmos ou para lograr algunha intercesión para outras persoas que non podían acudir ó santuario por algunhas doenza.
Entre as rogacións máis específicas distingo as seguintes:
A.- Por doenzas humanas, relacionadas con vultos e con diversas partes do corpo humano como o amosa o feito de que bastantes romeiros cando veñen á capela traen exvotos de cera que representan diversas partes do corpo humano: pernas, pés, brazos...
B.- Por doenzas de animais: eguas,vacas e cochos dun xeito preferente. Hai devotos que acoden ó santuario, traendo exvotos de cera que representan ós devanditos animais.
"A xente trae as figuras de cera, cada un o que ofrece, si lle doe unha mao, trae unha mao, si lle doe a cabeza, trae unha cabeza, si é por un animal trae un animal" (15).
C.- Polos fillos recen nados para que o S. Adrián llos criara sans.
Polo tanto os devotos pregaban ó santo a súa intercesión para os animais e as persoas.

8.- AS PROMESAS OFRECIDAS Ó SANTO
A unidade básica de relación entre o devoto e a imaxe sagrada para resolver unha serie de problemas é a promesa. Esta consiste normalmente nun contacto directo e sagrado de forza moral entre a persoa e Deus por medio de Cristo ou dunha serie de mediadores como son as distintas advocacións da Virxe e os santos.
"Pra chegar con máis seguridade a ese Deus, non sempre persoal, o galego bota man dos santos e da Virxe..." (16).
A promesa a divindade reproduce dun xeito claro o sistema social vixente no que alguén fai algo a cambio dunha posterior axuda cando chegue o momento adecuado.
"El intercambio de dones entre una persona y un ser sagrado es algo universal y fuertemente vinculante" (17).
Neste santuario podemos distinguir tres modelos de relación entre os devotos e o santo.
1º.- A promesa xeralmente é condicional, é dicir, o santo concede a petición ó devoto e logo este cumpre a promesa; trátase dun cumprimento "a posteriori". Este tipo de promesa recibe os nomes de "Ofrenda condicionada" (18) e "Petición Condicional" (19).
2º.- Algúns devotos veñen pregar a mediación do santo ante un problema determinado, realizando unha serie de rituais e ofrendas. Neste caso os distintos rituais e ofrendas que os devotos levan a cabo teñen lugar antes de que lles sexa concedida a petición. Este tipo de promesa recibe os nomes de "Ofrenda Propiciatoria" (20) e "Devoción Peticionaria" (21).
3º.- Finalmente hai devotos que acoden tódolos anos ó santuario por algunha petición concedida antano polo santo. Este tipo de promesa recibe o nome de "Ofrenda de Acción de Gracias" (22).
As promesas máis frecuentes que se levan a cabo neste santuario son as seguintes:
A.- A realización dos distintos rituais ligados ó santuario, que segundo o grao de participación dos devotos teñen un carácter colectivo ou individual.

1.- Os rituais colectivos
1.1.- A celebración de misas

Desde as dez da mañá celébranse algunhas misas que son oficiadas por cregos de freguesías contiguas. Á unha da tarde ten lugar a misa solemne concelebrada por varios cregos.

1.2.- O ritual da procesión
Ó rematar a misa solemne celébrase a procesión que percorre o perímetro do santuario. Nalgúns santuarios de Queiroga (23), Pantón (24), Sober... a procesión lévase a cabo antes da celebración da misa solemne.
Na procesión interveñen os seguintes elementos:
a.- A cruz parroquial levada por un rapaz do lugar do S. Adrián.
b.- A imaxe do S. Adrián levada nas andas por catro devotos da freguesía de Santiago de Goiriz.
c.- Os cregos concelebrantes.
d.- Os devotos colocados sen distinción de idade e sexo.
Tanto a cruz parroquial como a imaxe do S. Adrián santifican o espacio que percorren proporcionando unha enerxía positiva a tódolos seres, tanto persoas como animais, que se encontran en dito espacio.
Segundo a disposición da procesión ÁLVAREZ GASTÓN distingue unha serie de características: "Se trata de manifestaciones más multitudinarias, no sólo por los participantes activos sino también por los numerosos espectadores. Dentro de la comunidade local, es algo que llega vitalmente a los feligreses. Los elementos fundamentales de toda procesión son: las imagenes, la forma de llevarlas, el pueblo que participa y el que mira, el espíritu de la celebración -cantos, rezos, silencio..." (25).

2.- Os rituais de participación individual
2.1.- O ritual de vir andando ó santuario

Antano moitos devotos viñan ó santuario andando desde o seu lugar de orixe. Na actualidade, aínda que a maioría fan a viaxe en coches particulares, segue habendo algunha pervivencia deste ritual. Así pódese apreciar como hai devotos que veñen camiñando desde distintos núcleos de poboación da parroquia de Goiriz, doutras parroquias pertencentes ó municipio de Vilalba, e incluso da propia vila de Vilalba. Estes últimos utilizan o famoso camiño do S. Adrián que dista uns 7 km. do santuario.

2.2.- O ritual da circunvalación
Ó chegar ó santuario os devotos entran en contacto co sagrado. Por iso un gran número deles dan unha ou máis voltas ó redor do mesmo, de pé ou descalzos. Nas súas mans poden levar unha imaxe do S. Adrián, exvotos de cera que representan o corpo humano e partes do mesmo: pernas, brazos, pés...; tamén adoitan levar exvotos dos animais:cochos, eguas e vacas de xeito preferente. Antano levaban os animais que ofrecían e daban unha ou máis voltas ó redor da capela.
O dar voltas arredor do santuario ten o valor dunha penetración e toma de contacto nun nivel relixioso. Na Grecia clásica tan rito facíase con fin apotropaico e catártico (26).
Este ritual é moi frecuente naqueles países nos que hai unha relixiosidade popular de base cristián.
"Los peregrinos bretones daban tres vueltas alrededor de la capilla rezando el rosario, a menudo de rodillas. Los portugueses dan un cierto número de vueltas -en general tres- al santuario con un rosario o una imágen en las manos..." (27).

BIBLIOGRAFÍA
13.- Informante do barrio de Terrío (Goiriz).
14.- Informante de Goiriz.
15.- Informante do barrio de Terrío (S.Adrián-Goiriz).
16.- MOREIRAS SANTISO, Xosé.: " A relixiosidade popular no sector rural", en Rev. Encrucillada nº 9, Ed. Sept, Vigo, 1978, p.64.
17.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Las Romerías/ Peregrinaciones y sus símbolos, Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 1987, p. 272.
18.- GONDAR PORTASANY, Marcial.: " Racionalidad campesina y Relativismo cultural", en Antropología y Racionalidad, Ed. Sálvora, Santiago, 1980, p. 60.
GONDAR PORTASANY, Marcial.: Crítica da razón galega, Entre o nós-mesmos e nós-outros, Nós os Galegos, Vigo, 1993, p. 153.
19.- WILLIAM CRISTHIAN, A. Jr.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español, Madrid, Tecnos, 1978, p. 134.
20.- GONDAR PORTASANY, Marcial.:
Ob. cit., 1980, p. 60
Ob. cit., 1993, p. 154
21- WILLIAM CRISTHIAN, A. Jr.: Ob. cit., 1978, p. 134.
22.- GONDAR P0RTASANY, Marcial.:
Ob. cit., 1980, p. 60
Ob. cit., 1993, p. 155
23.- BLANCO PRADO, José Manuel y RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Manuel.: "La devoción popular en el Santuario de La Ermida (Queiroga)", en Lucus, Boletín Informativo de la Diputación de Lugo, nº 42, 1994, pp. 35-37.
24.- BLANCO PRADO, José Manuel.: Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses, Servicio Publicacións Deputación Provincial de Lugo, 1996, p. 134.
25.- ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: Ob. cit., 1976, pp.91-92.
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: La religiosidad popular, Cuadernos B.A.C., Madrid, 1981.
26.- TABOADA CHIVITE, Xesús.: Etnografía Galega. Cultura Espiritual, Ed. Galaxia, Vigo, 1972, pp.156-157.
27.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Ob. cit., p. 174.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES