Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auga e sol

lunes, 02 de septiembre de 2013
As pingas de auga brillan por entre os raios de sol que asoman polo Outeiro Barbeiro. Os raios do sol traspasan a claridade das pingas de auga que caen dunhas nubes negras que se fixeron donas e señoras do ceo molgués.

Aluma un chisco o sol. Ao mesmo tempo está a chuviscar, a poallar. Caen pingas de auga sobre as follas secas dun castiñeiro que se ve na ladeira do outeiro. Brillan as herbas verdes ó chocar a luz do sol sobre o seu orballo.

Por enriba do outeiro, unha laverca plana na súa perpetua vixía, mentres un labrego aínda mozo asubía un tema musical inspirado por este tempo outonal.

Cando remata deixa escapar un sorriso porque é agora a laverca quen leva o ritmo dende as alturas. O labrego borboríñalle ó seu can para que tanga as vacas. Este corre cara á elas e estas póñense ó camiño. O labrego empeza de novo a asubiar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES