Duro setembro
Editorial - viernes, 30 de agosto de 2013
Todos os setembros son duros por natureza, polo contraste que supón aos veraneantes pasar da ficción de xullo e agosto á realidade dos comezos de curso, de volta ao traballo (os que o teñen), ás hipotecas, á problemática xeral que cada ano, cada mes, parece experimentar unha nova volta de tuerca.
Setembro está aí mesmo, á volta da esquina, á volta da semana, e coma sempre cóllenos case desprevenidos porque durante agosto deixámonos ir acariñados polo bo tempo, polas noticias de sempre, pola inacción política e económica, polo
descanso da administración.
Pero este domingo comeza setembro. E o luns, iníciase todo de novo. Como setembro é a porta de entrada a un novo e duro curso, que veña con ben. Duro vai ser, como todos os setembros, ou máis porque non estamos en tempo de bonanza senón tormentosos e escuros.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora