Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario do S. Adrián de Goiriz, Vilalba (Lugo) (I)

lunes, 12 de septiembre de 2005
Devocin popular no Santuario do S. Adrin de Goiriz, Vilalba (Lugo) (I) Devocin popular no Santuario do S. Adrin de Goiriz, Vilalba (Lugo) (I) I.- O CONCEPTO DA DEVOCIÓN POPULAR
Sobre este concepto hai moita confusión e ambigüidade. Así fálase do catolicismo popular, da relixión popular, da fe popular etc. Isto é a razón de que sexa difícil definir a relixiosidade do pobo, xa que é un mundo de sentimentos, vivencias, ritos, expresións prácticas... (1). De tódolos xeitos a relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten as súas características. Cada comunidade posúe o seu peculiar modo de viví-la fe e de manifestala. A relixiosidade popular vai ligada a elementos folclóricos e populares xa que son expresións da identidade dun grupo. "Una religiosidad es popular cuando se configura con ese pueblo y expresa el sentir del mismo"(2). É parte da cultura, dun xeito de pensar e de vivir. Polo tanto, para estudiala hai que ter en conta o pasado e o que actualmente lle rodea, as circunstancias do lugar e o estilo das xentes. Como viviron o cristianismo, que é o que herdaron dos séculos pasados, que é o que cada unha das xeracións recibiu e aportou. E popular o que o pobo crea. Tamén o que recibe, asimila e fai propio (3). Polo tanto, a relixión de cada grupo humano é unha especie de colección viva de cantos, ritos, vivencias, que un pobo vai reunindo ó longo da súa historia.
Por outra banda o fenómeno relixioso popular tenta buscar co divino unhas relacións máis simples, directas e rentables. Isto fai posible que a devoción popular estea en contacto coa plástica simbólica en contraposición ó abstracto. "...la religiosidad popular comporta con frecuencia una reacción antiintelectualista, y a su vez, la creación de otros lenguajes más cercanos a su mundo y su mentalidad" (4). Tamén as expresións relixioso-populares son a manifestación da emotividade persoal e responden ó desexo e á necesidade da intimidade có ser sagrado. Finalmente os devotos nas súas relacións có sagrado adoptan unha postura pragmática de tal xeito que a petición dunha serie de rogacións sigue sendo unha característica básica da relixiosidade popular. "Reliquias, medallas, aguas sagradas, imágenes de devoción, tienen como fin atraer el poder divino y ponerlo en favor del creyente (5).

II.- O CONCEPTO DO SANTUARIO
O santuario é un sitio de culto representado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial ó que veñen devotos non só da comunidade parroquial na que se sitúa o recinto sagrado senón tamén doutros lugares, para pregar á divindade a concesión dunha serie de rogativas de base material -recobrar a saúde, boas colleitas...- e algunhas de base espiritual. Logo de que a divindade lles outorgou as rogativas requiridas acoden para levarlle a cabo as promesas ofrecidas.
"Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva" (6).
"... y hace en algunos santuarios, iglesias y ermitas de estos Santos milagreiros, a donde en forma masiva acuden, los días de la fiesta, cientos de romeros y devotos peregrinos con sus ofrendas. Unos para hacer un voto y promesa, que obligue al Santo a conderles el favor que le piden, y otros a cumplir lo que anteriormente prometieron" (7).

Nos santuarios se venera á divindade representada por Xesús, Cristo (Eccehomo) e a unha serie de intercesores como distintas advocacións da Virxe e diferentes imaxes de santos.
"El santuario es un lugar santo, en que el hombre se encuentra con lo numinoso, lo sobrenatural, la divinidad" (8). Os santuarios alcanzaron unha devoción popular cando as súas imaxes se amosaron favorables ante moitas rogativas.
"El Santuario es un lugar de culto que atrae romeros en ámbito superior al local" (9).

III.- O SANTUARIO DO S. ADRIÁN DE GOIRIZ
1.- A LOCALIZACIÓN
1.1.- No ámbito parroquial e municipal

O santuario está situado no barrio de Terrío, lugar do S. Adrián, parroquia de Santiago de Goiriz, municipio de Vilalba, arciprestado do mesmo nome e diócese de Mondoñedo-O Ferrol.
A parroquia de Santiago de Goiriz conta coas entidades de poboación de Acibeiro, Balsa, Barbeitas, Bidueiros, Broz, Caxigal, Campo do Cristo, Cancela, Carballeira, Carballo, Carral, Casanova, Casas Novas, Casilla, Castro, Cendán, Currás, Chozas, Fabás, Fontao, Fontoira, Fra, Gocendre, Gomariz, Graduín, Igresario, Lagoela, Lamela, Liñares, Lodeiro, Lousadela, Mámoa, Orbazán, Outeiro, Pígara, Reguengo, Riba de Vilar, San Adrián, Santa Comba, Touzás, Tronco, Uceira y Ver (10).
Da capital do municipio, que é Vilalba, hai unha distancia por estrada duns 10 km.

1.2.- No ámbito provincial
A capital provincial dista uns 46 km. do santuario.

2.- ACCESOS Ó SANTUARIO
En Vilalba temos que coller a estrada N-634, A Coruña-Santander que nos leva ó núcleo máis importante de poboación de Santiago de Goiriz, onde tomamos a estrada local a Samarugo, e a uns 4 km. collemos á esquerda unha estrada de menor importancia que nos leva directamente ó santuario.
Noutrora o acceso facíase desde Vilalba seguindo o camiño real chamado "Camiño do S. Adrián" que conducía á capela distante uns 7 km.

3.- INFLUENCIA DO SANTUARIO NO CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO
O santuario está situado a uns 4 km. do núcleo principal de Santiago de Goiriz, por onde pasa o camiño norte de Santiago. Ten certa influencia sobre o camiño xa que ó río Martiñán os paisanos do lugar adoitan chamarlle río do S. Adrián. Neste río está situada a famosa ponte medieval que tódolos peregrinos procedentes de Ribadeo teñen que cruzar.
O santuario é unha capela de interese e polo tanto recomendable a súa visita para tódolos peregrinos que pasen polas terras de Goiriz. "Muy próxima a la Iglesia parroquial está la capilla de S. Roque con hermosos cruceiros. Si disponemos de tiempo también podremos visitas las capillas de Santa Comba y la de San Adrián" (11).

4.- CARACTERES ARTÍSTICOS DO SANTUARIO
O santuario está composto dunha nave cuberta con sinxelo artesoado e unha espadana dun só vano. Perante a fachada principal hai un pórtico con catro columnas de pedra e sinxela verxa. No muro dereito está situada unha porta lateral xunto a cal hai unha pía de auga bendita de forma semicircular. No muro lateral dereito está encaixado un sartego que ten un burato exterior polo que se introducen esmolas en especie que se recollen desde o interior por outro burato feito no muro.
No presbiterio hai un retábulo renacentista popular que consta de dous corpos. O primeiro amosa unha imaxe barroca do S. Pedro; ós lados unha imaxe primitiva do S. Adrián, popular, do século XVII e outro S. Adrián, popular e máis recente. O segundo corpo leva unha imaxe da Virxe da Inmaculada do século XVII cun anxo no pé. O retábulo remata cun frontón triangular (12).

BIBLIOGRAFÍA
1.- TOSCHI, P.: Guida allo studio della tradizioni popolari, Serie de Antropologia, etnología e religione, 5ª ed (Boringheri) Torino, 1974, p. 24.
2.- BOROBIO, D.: Religiosidad popular en la renovación litúrgica. Criterios para una valoración, Phase 89, Barcelona, 1975, p. 347.
3.- ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo.: La religión del pueblo. Defensa de sus valores, B.A.C., Madrid, 1976, p. 36.
4.- CACHEDA VIGIDE, Eduardo Aurelio.: La Religiosidad Popular en Galicia. El Municipio de Arzúa, Santiago, 1991, p. 289.
5.- BASURKO, Xabier.: " Los santuarios hoy: claves de interpretación teológica-pastoral". Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular, II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del P. Vasco, Vitoria, 1982, p.308.
6.- PRAT I CAROS.: " Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía", en La Religiosidad Popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios, Anthropos, Barcelona, 1989, p. 227.
7.- DE SAÁ BRAVO, Hipólito.: Creencias del Costumbrismo Religioso en Galicia, Servicio de Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, 1991, p. 36.
8.- DIEZ TABOADA, Juan María.: " La Significación de los Santuarios", en La Religiosidad Popular, III. Hermandades, Romerías y Santuarios de C. Álvarez Santalo, María Jesús Buxo y S. Rodríguez Becerra(Coords), Anthropos, Barcelona, 1989, p. 269.
9.- CEBRIÁN FRANCO, Juan José.: Santuarios de Galicia
( Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982, p. 6.
10.- Palabra, GOIRIZ, Santiago de.: G. Enciclopedia gallega, Santiago, 1984, t. 16, p. 50
11.- GAY MÉNDEZ, Aurora.: Rutas, Abadín-Santiago de Goiriz(y II), Diario "El Progreso", Suplemento "O Camiño"(Asociación de Amigos do Camiño de Santiago), nº 8, p. 28.
12.- SANTOS SAN CRISTOBAL, Sebastián.: Goiriz. Capilla de S. Adrián, en Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Centro Nacional de Información Artística y Arqueológica, T. III, Madrid, 1980, p.211.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES