Cabodano de Avelino Pousa
Blanco Torrado, Alfonso - jueves, 29 de agosto de 2013
Nestes días estamos a celebrar o cabodano de Avelino Pousa Antelo, Chairego de Honra. Non perdía celebración que axudase a afondar no destino do noso pobo integrado por distintas rexións e comarcas.
Moi novo animou @s labregos da Chaira a innovarse no cultivo da terra, e deulles a coñecer novas sementes, coma patacas de máis calidade, convencido de que era unha das comarcas máis propicia para a kennevec, e outras
Pero foron os seus estudos sobre cooperativismo os que máis forneceron de novos horizontes a gandeir@s que soñaban cun novo ronsel para a economía rural.
Tanta intensidade era froito do aprezo polas súas raíces rurais, porén coma mestre inxectou nos alumnos un ensino arraizado na cultura labrega, e a súa experiencia segue a ser estudiada na Universidade, e foi integrada no Movemento Cooperativo da Escola Popular Galega, dentro da avanzadilla da pedagoxía máis innovadora.
O horto era a proxección da escola, sen crebas, como a vida mesma
E nesta teima tivo seguidores senlleiros, coma o mestre de Guitiriz, Antón Santamarina Becerra, participe afervoado daqueles cursiños agropecuarios que coordinaba Avelino,
Ensinaban a aqueles nen@s a enxertar, podar, coñccer novas sementes
, á par ca nosa flora e fauna, e introducianos nos segredos da fala e cultura de seu. Os dous abandeirados dun ensino liberador foron represaliados na ditadura.
Xermolos vén de presentar un Guieiro dedicado a Avelino, no que vai debullando a súa traxectoria exemplar, axudando a que a súa luz non esmoreza. Máis de 60 colaboradores achegannos á trascendencia de quen foi a ponte entre os bos e xenerosos do seu tempo: Castelao, Antón Beiras, Ramón Martínez
, e as novas xeracións que fixemos camiño con él.
Avelino a diferencia doutros estudiantes non renegou do arado, pola contra alumeou coa súa intelixencia e compromiso o herdo que lle deron, ata que fructificou deste xeito. No Festival de Pardiñas, no Muíño do Rañego, no Campo de Santa Sabela, no Pedregal de Irimia
, era o rapazolo que máis azos transmitía a ritmo de tamboril, coa coraxe de quén descubría novas estrelas no camiñar comunal. Avelino, mestre sempre, segue axudandonos a soñar, porque a súa sementeira inza por todo o país.

Blanco Torrado, Alfonso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora